As vendas de leite e carne ecolóxicas de Galicia medraron máis do 40% en 2018

Publicidade
As vendas de leite e carne ecolóxicas de Galicia medraron máis do 40% en 2018

Presentación dos datos do CRAEGA en 2018

O sector da produción ecolóxica segue batendo marcas en Galicia. Así o reflicten os datos do 2018 do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), que foron presentados esta mañá en Boqueixón (A Coruña), nun rolda de prensa na que tamén participou o conselleiro de Medio Rural, José González.

Así, destaca o incremento do 33% no volume de vendas certificadas, que pasou de 59 millóns de euros en 2017 a 78,7 millóns o pasado ano. A produción animal é que máis factura (44,3 millóns de euros), cun incremento do 21,62%, pero a do mar é a que máis medra en termos porcentuais (39,53%) En canto á superficie agrícola, xa roza as 34.000 hectáreas certificadas, un 5,8% máis. 2018 pechou cun rexistro de 1.152 inscritos, un 7,97% máis que en 2017, correspondendo o 75% a produtores e o 25% restante a elaboradores.

Carnes e leite medran máis do 40%

Por sectores, dos 78,7 millóns de euros de vendas certificadas polo CRAEGA, o primeiro posto segue encabezado polo leite e derivados, que suman 26,12 millóns de euros, un 40,9% máis que no 2017. Séguelle en segundo lugar a Carne e Derivados, que medra as súas vendas un 46%, ata acadar os 12,7 millóns de euros.

Así as cousas, o conselleiro de Medio Rural remarcou que a aposta pola produción ecolóxica debe continuar pois “encaixa nos principios establecidos pola UE a favor dunha agricultura sustentable e con futuro”.

Por último, avanzou que no próximo trimestre convocarase a sesión constitutiva da mesa de produción ecolóxica co sector.

Velaquí a evolución das vendas nos distintos sectores.

vendas craega 2019

Descarga aquí o informe do CRAEGA do 2018

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información