As explotacións beneficiarias da PAC xa poden consultar o valor dos dereitos provisionais de pago básico

As cifras que se amosan na consulta son provisionais, xa que poderán sufrir variacións menores nos próximos meses, pois non se incluiu o cálculo relativo á Reserva Nacional nin aparecen todas as transferencias de explotación

As explotacións beneficiarias da PAC xa poden consultar o valor dos dereitos provisionais de pago básico

As comunidades autónomas poderían pagar os anticipos da PAC en base ós dereitos provisionais.

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) habilitou unha páxina web para que todas as explotacións perceptoras da PAC poidan consultar os dereitos provisionais de pago básico que lles corresponden. Son polo de agora datos provisionais e haberá que agardar ata o 1 de abril do 2016 para coñecer os dereitos definitivos. Antes, en decembro haberá por parte da Administración unha comunicación dos dereitos provisionais asignados a cada explotación.

En base ós dereitos provisionais que xa calcula o Fega, as comunidades autónomas que así o acorden poderán realizar o o pago do anticipo das axudas relativas ó pago básico, ó pago verde (greening), á axuda complementaria a agricultores mozos e á axuda acoplada de vacún de leite.

Os dereitos calculados polo Fega, dependente do Ministerio de Agricultura, tomaron como base as informacións remitidas ata agora polas comunidades autónomas. Os datos que se ofrecen desde hoxe complementan ós xa publicados a semana pasada para os beneficiarios que entran a formar parte do réxime de pequenos agricultores.

Ao tratarse de dereitos provisionais, tanto a superficie que se amosa, sobre a que se asignan dereitos, como o seu importe poderán sufrir modificacións en canto se teña a versión definitiva dos dereitos, algo que sucederá cando se inclúan os cálculos relativos á Reserva Nacional e se finalice a tramitación das transferencias de explotación das que teña noticia a Administración no 2015. Tamén haberá que ter en conta o resultado dos controis administrativos sobre o terreo que están realizando as comunidades autónomas.

Anticipos
Este ano, de xeito excepcional, o pago do anticipo poderá realizarse sen ter finalizado os controis administrativos sobre o terreo e por un porcentaxe de axudas superior ó habitual, pois esta campaña poderá percibirse ata o 70% do total das subvencións, fronte ó 50% que viña sendo tradicional nos anticipos.

As explotacións beneficiarias da PAC poderán consultar tanto o valor do importe dos dereitos de pago básico que lles corresponden como o máximo importe que poderían percibir polo pago verde de cumprir todos os requisitos.

Durante o mes de novembro, coas cuestións pendentes xa maís avanzadas, a Administración fará un novo cálculo dos dereitos provisionais, que se lle comunicará a cada explotación. Sobre esa comunicación agárdanse poucos cambios. En abril estarán xa lista a resolución sobre os dereitos definitivos.

Enlace ó servizo online de consulta dos dereitos provisionais de pago básico

Una idea sobre “As explotacións beneficiarias da PAC xa poden consultar o valor dos dereitos provisionais de pago básico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información