“Anotar o número de serie é crucial para recuperar a maquinaria agrícola roubada”

Entrevista ao cabo Víctor Castro, responsable do Grupo de Roubos no Campo (ROCA) da Garda Civil na provincia da Coruña. Asegura que “nos últimos meses estamos a notar un descenso nos roubos nas áreas rurais”.

Publicidade
“Anotar o número de serie é crucial para recuperar a maquinaria agrícola roubada”

O cabo Víctor Castro

O cabo Víctor Castro, responsable do Grupo ROCA da Garda Civil na provincia da Coruña. Dende a sede do grupo en Santiago de Compostela controlan a práctica totalidade das áreas rurais da provincia da Coruña.

¿Que é o Grupo ROCA?
Os Grupos de Investigación de Roubos no Campo (ROCA), foron creados dentro da Garda Civil hai ano e medio co obxectivo é reducir os roubos nas explotacións agrícolas e gandeiras.

En Galicia hay catro comandancias, catro equipos, un por cada provincia. Na da Coruña, somos 3 axentes, pero estamos coordinados co resto de axentes da Garda Civil e de equipos de investigación.

¿En que situación se atopa Galicia neste tipo de roubos no medio rural?
A estatística de Galicia, polo que sei, é das máis baixas de España, e máis na provincia da Coruña. Nos últimos meses estamos a notar un descenso nos roubos, aínda que isto non significa que sexa un problema grave e preocupante.

¿Hai algunhas zonas dentro do rural nas que se produzan máis roubos?
Canto máis deshabitado estea o lugar máis perigo hai, polo tanto explotacións gandeiras e casas abandonadas son as máis preferidas para cometer estes delitos.

Polo demais, non hai unha comarca que destaque máis que outra dentro da provincia da Coruña.

¿Cales son os obxectos que máis se extraen nos roubos no agro?
O máis denunciado é a chatarra: arados que están mal custodiados, e demais apeiros agrícolas. Despois séguenlle o gasóleo e en terceiro lugar maquinaria lixeira como motoserras, desbrozadoras…etc.

¿É moi difícil recuperar este material roubado?
Depende de varios factores. Se o propietario ten o número de serie da máquina apuntado facilita e axiliza moito á Garda Civil a súa localización. Así, temos tido casos de recuperar material roubado que foi recuperado en horas grazas a que o denunciante tiña anotado o número de serie.

¿Cal adoita ser o destino desta maquinaria agrícola roubada?
O destino é sempre a comercialización, case nunca é para ser usada polo ladrón. A venda pode ser directamente a particulares que encargaron o roubo, o que supón un delito xa que tamén sería autor do roubo. A outra forma de venda é a través de chatarrerías ou de tendas de compra-venda de segunda man, ou, por último, a venda directa.

¿Hai bandas organizadas que rouban no rural galego?
Non temos constancia de que haxa unha organización estruturada en Galicia que se dedique a este tipo de roubos.

No rural galego, actúan tanto delincuentes estranxeiros, que están en Galicia de xeito itinerante. E logo están os delincuentes locais, xa coñecidos e que actúan nunha zona concreta.

Tanto uns como outros poden estar máis ou menos organizados. Algúns rouban de xeito organizado e outros rouban o venres para gastar os cartos durante a fin de semana.

¿Que aconsellades para evitar este tipo de roubos?
Como normas xerais, anotar o número de serie da maquinaria. Tamén axuda se se dispón de fotos dos obxectos roubados. Por outra parte, recomendamos cambiar de vez en cando a rutina de traballo na explotación agrícola, para ser menos previsible para os ladróns. E ante un roubo, chamar sempre ao 062.

Axentes do grupo ROCA da provincia da Coruña.

¿Notades que está en alza o roubo de colmeas?
Na provincia da Coruña a suba é mínima, pero Polo que nos comentan os apicultores, nas provincias de Ourense e de Pontevedra si que hai un aumento do roubo de colmeas.

¿Cal foi o roubo no agro que máis lle sorprendeu?
Tivemos un roubo nunha explotación de horta que tiña unha torre metálica na entrada da explotación na que puña o cartel e roubáronlla. Non foi difícil recuperala. Tamén roubaron mazás nunha explotación preto de Santiago.

Unha queixa común é que os axentes chegades ao lugar do roubo tarde…
Sempre chegamos ao sitio o antes posible, pero priorizamos outras actividades, para deter ao ladrón cando o roubo xa se fixo.

É certo que somos poucos axentes pero tamén que as demarcacións son moi grandes e que as estradas no rural galego son as que son.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información