Ampla oferta de cursos do Ministerio para o sector gandeiro e forestal

Publicidade
Ampla oferta de cursos do Ministerio para o sector gandeiro e forestal

Resinación de piñeiros, unha das actividades formativas incluídas no curso.

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente presentou o seu “Plan de Formación 2018”, cunha ampla oferta de cursos gratuítos para o sector gandeiro, agrario ou forestal.

Para iso, o Plan de formación inclúe temas tan diversos  como a eficiencia hídrica ou a sustentabilidade ambiental no regadío, pasando polo uso de drones nos incendios forestais, o emprendemento no medio rural, o ecoturismo, a produción de alimentos ecolóxicos e a súa comercialización, os ensaios de distinción, homoxeneidade e variedade de froiteiras, a hixiene da produción primaria agrícola e o seu control oficial, a titularidade compartida das explotacións agrarias, as técnicas de resinación de piñeirais ou a mitigación da desertificación e o cambio climático entre outros.

Os cursos pretenden formar aos técnicos que traballan nos distintos ámbitos do medio rural, como técnicos das diferentes administracións, Redes e Grupos de Acción Local, Organizacións Profesionais Agrarias, Cooperativas e Asociacións do medio rural, Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local e titulados universitarios que traballan no sistema de asesoramento que se destina aos posibles beneficiarios das axudas da PAC sobre a xestión de terras e explotacións .

O programa  de formación para o ano 2018, que se inicia este mes de febreiro e cuxos 67 cursos e Xornadas propostas pódense consultar na páxina web do Ministerio, “Plan de formación MAPAMA 2018”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información