Amaro López, un gandeiro de Baleira, recibe o premio ION-SGPF ao mellor peche eléctrico

Amaro López, un gandeiro de Baleira, recibe o premio ION-SGPF ao mellor peche eléctrico

Amaro López recibindo o premio

A Casa da Cultura do Concello da Pastoriza (Lugo) acolleu este venres a entrega do premio Premio ION-Sociedade Galega de Pastos e Forraxes ao mellor peche  eléctrico gandeiro de España e Portugal no 2018.

O premiado nesta convocatoria 2018 foi Amaro López Rivero, un mozo gandeiro da  parroquia de Córneas, no concello lugués de Baleira. A súa é unha gandería de vacún de carne en extensivo  que xestiona 36 hectáreas de pradeiras e terreos de monte para alimentar a 38 vacas nais de raza vianesa e 5 cabalos de raza galega.

“O traballo de Amaro na recuperación de terreos pobres mediante o bo manexo do gando e a presión do pastoreo grazas ao correcto emprego de peches electrificado -uns 13 kilómetros de peches electrificados en total- fai que sexa un exemplo na súa contorna para mostrar o  que se pode facer para transformar as superficies abandonadas en prados  e pradeiras e fontes de riqueza”, salientan dende a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

O premio, consistente nunha escultura dunha vaca e un cheque de 3.000 euros, foi entregado por Daniel López González, propietario e fundador da empresa luguesa ION, líder en venda de pastores eléctricos, e polo alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra.

Nesta convocatoria, a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes retoma o espírito de antigas edicións na procura  dunha mellor xestión das superficies forraxeiras grazas ao emprego de peches electrificados, hoxe en día a mellor ferramenta de gandeiros e gandeiras para a xestión do pastoreo do gando.

Pola súa parte, a empresa luguesa ION, patrocinadora do premio, leva décadas adicada á fabricación de  pastores eléctricos e material para realizar peches electrificados, con importantes innovacións, sendo a primeira en fabricar pastores eléctricos alimentados por placas solares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información