Aclaracións sobre a fiscalidade da venda ou arrendo de dereitos de pagamento único

O Magrama aclara que no 48% dos casos quedan gravados polo Imposto sobre Trasmisións Patrimoniais, cuxo tipo é moi inferior ao tipo xeral do IVE do 21%.

Aclaracións sobre a fiscalidade da venda ou arrendo de dereitos de pagamento único

O subsecretario do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio,Jaime Haddad, mantivo recentemente unha reunión con representantes de ASAJA, UPA, COAG e Cooperativas Agro-alimentarias, para informar ao sector sobre as últimas novidades en relación co tratamento fiscal das transmisións dos dereitos de pagamento único.

O subsecretario explicou que os Dereitos de Pagamento Único cedidos (vendidos ou arrendados) con terras están exentos do IVE e tributan, sobre a base do seu carácter accesorio, seguindo o mesmo tratamento fiscal que as vendas ou arrendamentos de terra. Quedan, en consecuencia, gravados polo Imposto sobre Trasmisións Patrimoniales, cuxo tipo é moi inferior ao tipo xeral do IVE do 21%. Este tipo de trasmisións supón, tomando como referencia as realizadas en 2014, en torno ao 48% do total das realizadas.

Por outra parte, Haddad sinalou que non está suxeita ao IVE a trasmisión de dereitos de pagamento único cando se trasmitenxunto a outros elementos da explotación constituíndo unha unidade económica autónoma, cuxo caso máis claro é a trasmisión dunha explotación íntegra. Estas trasmisións de dereitos con toda a explotación supoñen en torno ao 27% do total das realizadas.

O 25% dos casos restantes, fundamentalmente dereitos trasmitidosmediante compravenda sen terras, están suxeitos ao IVE.

Esta clarificación, indicou o subsecretario, produciuse mediante un informe elaborado pola Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a instancia das consultas formulada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información