Aclaración sobre os criterios para asignar dereitos de pago básico da reserva nacional

Aclaración sobre os criterios para asignar dereitos de pago básico da reserva nacional

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) ven de publicar unha circular cos criterios para a asignación dos dereitos de pago básico da reserva nacional correspondente á campaña 2018.

Neste documento regúlanse as condicións e requisitos mínimos de cada un dos casos polos que se pode acceder á reserva nacional,  así como os métodos de cálculo aplicables a cada un deles, de acordo coa lexislación comunitaria e nacional vixente.

Solicitudes presentadas na campaña 2017

En canto á campaña do 2017, e tendo en conta as peticións recibidas e as dispoñibilidades da Reserva Nacional, o Fega informa de que asignáronse dereitos de pago básico a 2.455 agricultores por un importe de 9.989.461 euros, o que supón unha asignación media de 4.069,03 euros por beneficiario. Cabe destacar, que os mozos foron os principais beneficiados pola asignación da Reserva Nacional 2017, dado que 2.214 agricultores mozos percibiron un total de 8.844.274 euros.

As Comunidades Autónomas procederán nos próximos días a comunicar individualmente aos beneficiarios esta asignación da Reserva Nacional 2017 e a continuación procederán a realizar os pagos correspondentes derivados da mesma.

Galicia remitirá ao longo desta semana as solicitudes ao Fega

En Galicia son varios os gandeiros que se puxeron en contacto con Campo Galego para advertir de que a pesar de ser solicitantes de asignación de dereitos de pago básico da Reserva Nacional da campaña 2017, no Fega non constaba a súa solicitude nin ningunha recibida dende Galicia.

A este respecto, dende a Consellería de Medio Rural informan que “da campaña 2017 está previsto o envío ao FEGA dos solicitantes que reúnen os requisitos na 2ª semana de marzo, dentro do prazo previsto para a publicación de dereitos, xa que o período para facelo é desde a 2ª semana de marzo ata mediados de abril”, co que ata o mes de maio non se resolverían as solicitudes, e se procedería ao pagamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información