Aberto o prazo para participar no V Campus de Emprendemento Sostible no rural da Deputación de Lugo

Trátase da iniciativa coa que o Executivo ofrece formación, asesoramento individualizado e coñecemento in situ sobre proxectos empresariais exitosos, co obxectivo de poñer en marcha novos negocios nos Concellos das Reservas da Biosfera. Os interesados en participar poden apuntarse ata o día 5 de marzo no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal

Aberto o prazo para participar no V Campus de Emprendemento Sostible no rural da Deputación de Lugo

Foto dalgunhas das 21 empresas xeradas no Campus de Emprendemento da Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación abriu este venres o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, pertencentes ao V Campus de Emprendemento Sostible, con prazas para 40 persoas, que se celebrarán durante a primeira quincena de marzo. A través desta iniciativa o Executivo da Deputación ofrece gratuitamente a todos os lucenses formación, asesoramento individualizado e coñecemento in situ sobre proxectos empresariais exitosos, con visitas aos mesmos e encontros cos emprendedores, co obxectivo de poñer en marcha os seus propios establecementos en calquera dos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.

Os interesados poden apuntarse ata o 5 de marzo no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal. Poderán inscribirse en calquera dos dous seguintes Campus, cuxas clases formativas se impartirán no Centro de Interpretación, situado no Paseo do Río Rato, na capital lucense:

Campus de motivación empresarial: (20 prazas) abordaranse os elementos principais a ter en conta á hora de abrir unha empresa, as oportunidades de negocio na provincias, os proxectos exitosos postos en marcha… As sesións teóricas terán lugar o 6, 7 e 8 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haberá visitas a empresas o 9 de marzo.

Campus de maduración empresarial: (20 prazas) traballarase a maduración da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a súa viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos ou a viabilidade económico-financeira a 5 anos. As sesións teóricas desenvolveranse o 12, 13 e 14 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haberá visitas a empresas o 15 de marzo.

21 empresas xeradas

As catro anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, pois continúa o asesoramento para a posta en marcha de máis proxectos empresariais, dun total de 21 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugués. As empresas de recente creación son as seguintes: A horta da Sancoveiga; Esther Fernández Díaz; Nenea, medrar creando; Avogar; Bico de Grao; PK3 Ingenieros; Marmeladas Acea de Olga; WiseKid Summer Camp; Mel Casa Príncipe; Explotación Extensiva de Gando Vacún; Abadía; Bufarda Arquitectura; Esmorga Eventos; Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós; M3 Aguas: ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas; Artesanía Calabazas Mago de Luz; Centro Shalom; Caserío Meiroi; Elexes, más que electricidad; Hotel Os Ancares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información