Aberto o prazo para participar nas actividades medioambientais na Reserva dos Ancares

Trátase da programación de actividades para todas as idades que organiza o Goberno da Deputación da Deputación de Lugo para o segundo trimestre do 2018 na Reserva dos Ancares. Campamento urbano, o aproveitamento da produción complementaria do monte, como arandos ou cogomelos, ou a elaboración de cervexa artesá e obradoiros de plantas medicinais, son as actividades dispoñibles

Aberto o prazo para participar nas actividades medioambientais na Reserva dos Ancares

Argelio Fernández durante a presentación das actividades

Aberto o prazo de solicitude para participar na nova programación de actividades medioambientais, gratuítas e para persoas de todas as idades, que o Goberno da Deputación de Lugo ofrece para o segundo trimestre do 2018 na Reserva dos Ancares Lucenses.

Son 4 iniciativas, concretamente un campamento urbano, unha sesión sobre o aproveitamento da produción complementaria do monte, como arandos ou cogomelos, a elaboración de cervexa artesá e obradoiros de plantas medicinais e aromáticas en produción ecolóxica, cun total de 109 prazas.

Na www.deputacionlugo.gal hai un espazo habilitado, con toda a información e as actividades para as persoas interesadas en inscribirse nelas.

Programación

Navia de Suarna- Escola da Barcia
– 25 de abril, dende ás 9:00 a 15:00 horas, e o día 2 de maio, dende ás 10:00 a 14:00 horas, curso sobre a Elaboración de cervexa artesá. Nº de participantes: 24.

-23 de maio, dende ás 16:00 a 20:00 horas, Obradoiro de plantas medicinais e aromáticas en produción ecolóxica. Nº de participantes: 20.

Cervantes- Salón de Edificio usos Múltiples
– O 23 de maio de 16:00 a 18:00 horas, Charla sobre o aproveitamento da produción complementaria do monte, como por exemplo, arandos, cogomelos ou froitos silvestres. Nº de participantes: 40.

Becerreá- Centro de Servizos Sociais (Praza da Feira da Vella)
– Os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño de 10:00 a 14:00 horas, Campamento urbano 2018. Nº de participantes: 25. Actividade infantil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información