Aberta a inscrición na VI Ruta Cabalar de Begonte

A cita celebrarase o día 21 de xullo no entorno do Pavillón Escolar de Begonte onde se esperan que participen 200 persoas e 120 cabalos. O Goberno da Deputación de Lugo é o principal patrocinador desta cita cunha achega de 3.000 euros, que se inclúe dentro da súa programación de eventos lúdicos na provincia.

Aberta a inscrición na VI Ruta Cabalar de Begonte

Álvaro Santos na presentación da ruta cabalar

O responsable de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Presidente da Asociación Cabaleiros de Begonte, Agustín Vázquez Gómez, presentaron este venres nos xardíns do Pazo de San Marcos, a VI Ruta Cabalar de Begonte que se celebrará o día 21 de xullo no entorno do Pavillón Escolar de Begonte. A Deputación de Lugo é o principal patrocinador desta cita cunha achega de 3.000 euros, que se inclúe dentro da súa programación de eventos lúdicos nos diferentes Concellos da Provincia, como unha das liñas do seu Plan Estratéxico de Turismo.

Santos Ramos destacou “a gran labor cultural que realiza a Asociación Cabaleiros de Begonte con estas actividades ecuestres, xa que ademais de promover a afección por este deporte, contribúen á promoción turística e económica da comarca, ao transcorrer esta ruta por algunhas das paraxes máis fermosas de Begonte fomentando ademais a vida en torno ao deporte”.

O presidente da Asociación Cabaleiros de Begonte convidou a todos os visitantes a acercarse a esta cita que “será unha boa oportunidade para desfrutar da hípica nun entorno familiar” e avanzou que haberá sorteos e premios.

Programación

A cita dará comezo o sábado 21, ás 15:00 horas cun xantar para todos os que queiran asistir, cun prezo de 10 euros. Ás 17:00 horas dará comezo a ruta dende o Pavillón Escolar de Begonte. Para participar nela hai que anotarse con antelación e pagar 20 euros, que inclúe pinchos na metade do camiño, veterinario e ferrador durante todo o percorrido e a cea. Ás 22:30 horas será a cea para todos os que o desexen, vaian ou non a cabalo. Todas aquelas persoas que non participaran na ruta pero si queiran asistir á cea deberán pagar 20 euros, tendo en conta que haberá prezos especiais para os máis pequenos.

A organización ten previsto a participación de 200 persoas e 120 cabalos. Para anotarse, é preciso facelo antes do día 19 de xullo nos seguintes números de contacto: 606 952 573 – 616 664 877.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información