A Xunta transferiu aos gandeiros 161 millóns en axudas da PAC de 2014

Destas axudas beneficiáronse máis de 36.000 gandeiros, segundo a Consellería do Medio Rural e do Mar

A Xunta transferiu aos gandeiros 161 millóns en axudas da PAC de 2014

A Conselleira do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), leva transferidos máis de 161 millóns de euros en axudas da Política Agraria Común correspondentes ás solicitudes de 2014. Destas axudas benefícianse máis de 36.000 gandeiros.

Segundo informe o departamento que dirixe Rosa Quintana, no mes de xuño achegou 4 millóns de euros en concepto de pagos directos da solicitude única 2014, correspondendo algo máis da metade á axuda de mellora da calidade do leite e os produtos lácteos de vaca. O prazo establecido pola normativa comunitaria para abonar os pagos directos vai do 1 de decembro do ano de solicitude ata o 30 de xuño do ano seguinte.

Tendo en conta o anticipo do pago único que se transferiu a finais do pasado mes de outubro, os importes dos pagos directos da solicitude 2014 xa transferidos polo Fogga son os que se indican na seguinte táboa:

 

Axuda

Importe pagado (€)

Pago único

108.633.663,64

Prima vaca nutriz

19.303.118,05

Mellora da calidade da carne de vacún

763.259,06

Desvantaxes específicas vacas nutrices

4.936.239,14

Mellora da calidade ovino-cabrún

1.405,48

Desvantaxes específicas ovino

90.639,27

Desvantaxes específicas cabrún

46.192,84

Mellora da calidade do leite

2.057.501,29

Desvantaxes específicas vacún leite

22.372.563,13

TOTAL PAGADO

158.204.581,90

Ademais, en xuño deste ano tamén se transferiron máis de 3 millóns de euros das axudas de desenvolvemento rural incluídas na solicitude única, co desglose que se indica na seguinte táboa:

 

Axuda

Importe pagado (€)

Indemnización compensatoria montaña

906.830,12

Indemnización compensatoria outras zonas desfavorecidas

655.924,35

Axudas agroambientais

1.546.361,32

TOTAL PAGADO

3.109.115,79

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información