A Xunta asegura que xa anticipou a PAC ao 85% dos beneficiarios

Recibiron estes pagamentos preto de 28.000 agricultores e gandeiros. Asegura tamén que nos vindeiros días pagaranse tamén os fondos habilitados pola Unión Europea para dotar de liquidez ás granxas

A Xunta asegura que xa anticipou a PAC ao 85% dos beneficiarios

Á esquerda, a conselleira Ángeles Vázque3z

A Xunta asegura que fixo xa efectivo o pagamento do anticipo das axudas da Política Agrícola Común (PAC) a preto do 85% dos beneficiarios en Galicia. “En total, recibiron estas achegas 27.890 agricultores e gandeiros, dos 33.034 solicitantes”, aseguran dende Medio Rural.

Os pagos que están pendentes faranse efectivos unha vez resoltas as cuestións derivadas dos controis administrativos obrigatorios. “Deste xeito, Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma de España en conseguir pagar o anticipo coa axuda acoplada do sector lácteo”, aseguran dende a Consellería do Medio Rural.

Axudas da UE

Ademais, dende o departamento que dirixe Ángeles Vázquez, informan de que “nos vindeiros días continuarase cos pagos das axudas habilitadas pola Unión Europa para dotar de liquidez ás granxas, por un importe para toda España de 25,5 millóns de euros, dos que case 10 virán para Galicia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información