A xestión do Centro de Recría da Deputación de Lugo adxudicarase por un mínmo de 15 anos

As bases para a concesión serán aprobadas este venres. Establecen un canon anual de 50.000 euros e o período de explotación serán dun mínimo de 15 anos, prorrogables ata un máximo de 25.

Publicidade
A xestión do Centro de Recría da Deputación de Lugo adxudicarase por un mínmo de 15 anos

O goberno provincial nunha visita ao Centro de Recría.

A entidade que se faga cargo da concesión do primeiro centro de recría público de España, construído pola Deputación Provincial de Lugo na localidade de Castro de Ribeiras de Lea, ocuparase da xestión desas instalacións e da súa explotación durante un mínimo de 15 anos, un período que será prorrogable cada cinco anos, ata un máximo de 25.

Confirmouno esta mañá a vicepresidenta segunda da institución, Lara Méndez -PSdeG-, durante a presentación das bases que rexerán a concesión desas instalacións, con capacidade para recriar ao ano unhas 3.000 xovencas de raza frisoa, despois dun investimento por parte da Deputación Provincial de 12 millóns de euros.

As bases que definirán o modelo de xestión do centro de recría serán aprobadas este venres en xunta de goberno e definen condicións como o canon anual que terá que pagar a entidade concesionaria destas instalacións, que será de 50.000 euros.

Méndez precisou que será “un modelo de xestión de iniciativa pública”, de modo que a Deputación de Lugo asumirá “como propio” o servizo que se preste dende o centro de recría ás explotacións gandeiras da provincia.

De feito, subliñou que contará coa participación directa do sector gandeiro” e, por ese motivo, se terá en conta que os licitadores teñan como base “a colaboración directa de entidades de economía social”, como poden ser as propias cooperativas agropecuarias ou as sociedades agrarias de transformación.

Os prezos dos servizos marcaráaos a Deputación de Lugo

En canto ás tarifas que terán que aboar os potenciais usuarios deste centro, os licitadores teñen que presentar unha proposta na súa propia oferta, pero a palabra definitiva teraa o goberno provincial, dado que o prezo do servizo será aprobado polo pleno.

Ademais de prestar un correcto servizo ás explotacións gandeiras que decidan recriar os seus animais neste centro, a entidade concesionaria tamén se comprometerá a crear emprego de calidade, cunha porcentaxe mínima de contratos indefinidos do 30%, ademais de reservar un 10% do equipo para persoas con dificultades de inserción no mercado laboral.

Unha vez aprobadas as bases, as empresas interesadas terán un prazo de 15 días naturais para presentar as súas ofertas, que serán avaliadas por unha mesa técnica.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información