A eliminación de 130 postos en Medio Rural, a debate no Parlamento

Os grupos da oposición critican a perda de empregos en centros de investigación, axencias de extensión agraria e nos servizos contraincendios

A eliminación de 130 postos en Medio Rural, a debate no Parlamento

A oposición critica a perda de empregos en Medio Rural.

O Parlamento de Galicia está sendo escenario este último mes do debate en torno á supresión de 130 postos de traballo dependentes da Consellería de Medio Rural. Os grupos da oposición critican a desaparición de emprego en centros de investigación, axencias de extensión agraria, distritos forestais e servizos contraincendios. O grupo Alternativa Galega de Esquerda presentou distintas propostas contrarias a esa situación tanto no pleno como tamén na última comisión de Agricultura, pero todas foron desbotadas polo grupo de goberno.

O conxunto dos grupos da oposición coincidiu no debate en criticar o que entenden un proceso de desmantelamento dos servizos públicos de investigación agraria e de asesoramento ás explotacións. A nova relación de postos de traballo de Medio Rural inclúe a amortización de 130 postos, 80 de persoal funcionario e 50 de persoal laboral. A oposición instou á Xunta a cubrir esas vacantes.

Transporte forestal
Na última comisión de Agricultura, goberno e os tres grupos da oposición si estiveron de acordo en apoiar unha proposta para instar ó Parlamento estatal a regular un aumento da carga permitida nos transportes de troncos procedentes de cortas forestais. A proposta partiu do grupo socialista, se ben o grupo popular incidiu en que esa cuestión xa se estaba a traballar no Parlamento estatal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información