Xornada na Limia sobre avances en fertilización eficiente do cultivo da pataca

Xornada na Limia sobre avances en fertilización eficiente do cultivo da pataca

O INORDE, organismo dependente da Deputación de Ourense, organizou este mércores no seu Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia unha xornada do campo dentro do Proxecto Life Regenera Limia.

O obxectivo destas xornadas céntrase por un lado en dar a coñecer os avances que neste proxecto se teñen realizado, máis concretamente facendo fincapé nos traballos que desenvolve o INORDE.

Así, deuse conta da posta en marcha xa operativa do sistema integrado de control de fertilizantes e abonos, así como do funcionamento da Aplicación xeoreferenciada vía web.

Ensaios do Inorde con distintas variedades comerciais de pataca

Dentro de outro orde de cousas, as Xornadas de Campo serviron para dar de coñecer ao sector os traballos que o INORDE realiza a nivel de experimentación e investigación agrícola. Así nas cerca de seis hectáreas da finca Antela destinadas a ensaios de cultivo de pataca amosóuselle aos agricultores experiencias relacionadas co uso e emprego de abonos comerciais, manexo do nitróxeno como factor de crecemento en variedades destinadas a frito industrial tales como Agria, Fontane, Babylo, Rock, Lady amarilla, … .

Outro importante bloque de ensaios está centrado no manexo da variedade máis representativa de Galicia tal e como é a Kennebec. Nestes ensaios avalíase a resposta de cultivar a diversos xeitos de cultivo alternando abonados orgánicos con minerais ou novas filosofías de traballos tales como o emprego de microrrizas.

Sen embargo, a experiencia que máis interese despertou nos participantes foi o ensaio de variedades comerciais de pataca. Nel recolléronse máis de oitenta cultivares de nova introdución no mercado, entre elas novas variedades para a industria do frito, variedades de carne branca para o consumo en fresco, variedades con vocación de lavado ou variedades de pel e carne morada ou violeta de nova introdución nos mercados.

Estes ensaios complementáronse cun reservorio nos que se conservan as tres variedades autóctonas galegas máis coñecidas: fina de carballo, cazona e ganade.

Esta xornada de campo contou coa asistencia de preto de 100 agricultores da comarca ademais de técnicos das casas comerciais de fitosanitarios, de abonos e produtores de pataca de semente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información