5 proxectos para emprender no rural premiados pola Deputación de Lugo con 50.000 euros

Publicidade
5 proxectos para emprender no rural premiados pola Deputación de Lugo con 50.000 euros

Sonsoles López Izquierdo cos premiados

A responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, mantivo este mércores un encontro con varios dos gañadores dos Premios Emprendendo no Rural, unha iniciativa posta en marcha polo Goberno da Deputación co fin de fomentar a creación de empresas no rural da provincia.

No acto, os emprendedores deron a coñecer os seus negocios que están a piques de abrir na provincia de Lugo e que servirán para crear emprego no rural e fixar poboación. Os proxectos gañadores foron: iTechTerm, Almazara de Aceite, Radis, Centro Residencial San Vicente e Cantina Albergue Camiño de Santiago.

López Izquierdo puxo en valor “que posta en marcha destes negocios é unha oportunidade para a dinamización social e económica do medio rural, pois estímase que estes proxectos xerarán a medio e largo prazo uns 30 novos postos de traballo, todos eles en zonas rurais da nosa provincia. É moi satisfactorio poder coñecer de primeira man como van crecendo dende o seu plantexamento inicial estes proxectos, aos que lles auguramos un grande futuro, que de seguro axudarán a impulsar o crecemento da nosa provincia”.

Proxectos premiados

Neste encontro, 4 dos 5 emprendedores que contan cos premios da Deputación avanzaron sobre o seu modelo de negocio que desenvolverán en zonas rurais da provincia de Lugo. As empresas que se crearán son:

-iTechTerm

Proxecto desenrolado por 3 rapaces universitarios. O seu modelo de negocio consiste na instalación dun sensor subcutáneo en vacas de leite que monitoriza a evolución da temperatura dos mesmos e envía os datos a un dispositivo móbil ou a un ordenador. Isto permitirá actuar en cada animal de xeito precoz no caso de atopar algunha anomalía, ademais de ofrecer aos gandeiros unha información máis real e axeitada da cabana que dispón. As instalacións desta empresa localízanse en Arneiro. A axuda da Deputación permite cubrir o 50% da inversión inicial necesaria.

-Almazara de Aceite

Trátase dunha explotación agrícola na que se plantarán 10 hectáreas de oliveiras e se construirá unha Almazara para a produción de aceite agroecolóxico. O modelo de negocio deste rapaz, que se establece no Concello de Taboada, busca comercializar aceite completando o ciclo produtivo co fin de facer o modelo o máis rendible posible. O carácter reducido desta explotación vai encamiñado a obter un aceite dunha alta calidade, producido dun xeito que fará posible a comercialización deste produto como “gourmet”, tanto polos estándares no proceso de produción como na cantidade, moi limitada en comparación con outras explotacións. A inversión inicial para desenvolver este negocio é de 132.500,00 euros máis 10.000 euros da Deputación.

-Radis

Empresa que ofrecerá servizos de detección de Radón e medidas para a súa eliminación no caso de que se presente en concentracións prexudiciais para a saúde. Outro dos obxectivos é concienciar á cidadanía dos efectos do Radón, descoñecidos pola maioría da poboación. Desenvolverán ao mesmo tempo un detector deste gas para seren instalado en vivendas, empresas e edificios públicos que permitirá avisar de concentracións deste gas a tempo real con medicións automáticas.

A inversión inicial é de 21.000 euros polo que poderán reinvestir na súa empresa outros 10.000 euros da Deputación.

-Centro Residencial San Vicente para persoas maiores

O proxecto consiste no aproveitamento dun edificio sen uso en Rábade para un centro residencial para 53 persoas maiores en réxime interno, con ou sen dependencia, incluíndo todos os servizos necesarios para o seu benestar e a tranquilidade dos seus. A promotora do mesmo traballa desde fai máis de dez anos como arquitecta e é unha muller emprendedora.
A Inversión total para este modelo de negocio é de 300.000 euros, máis os 10.000 euros da Deputación.

-Cantina Albergue Camiño de Santiago

O proxecto, posto en marcha por unha muller emprendedora, consiste na posta en marcha dunha cantina-albergue situada en As Seixas, poboación de Palas de Rei atravesada polo Camiño Primitivo de Santiago. Ao tratarse dunha poboación moi pequena, o lugar non dispón de servizos suficientes para atender aos 15.000 peregrinos que deciden facer esta ruta e que non atopan outro núcleo con todos os servizos ata Melide, a 15 quilómetros de distancia.

Dispón dunha inversión inicial duns 160.000 euros, que se engadirán aos 10.000 do premio que ofrece a Deputación.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información