A conselleira apela en Cimag-GandAgro á internacionalización do sector lácteo

Rosa Quintana salienta que este ano duplicaranse as axudas para a compra e disposición de maquinaria mediante un modelo asociativo.

A conselleira apela en Cimag-GandAgro á internacionalización do sector lácteo

Rosa Quintana na inauguración de CIMAG-Gandagro

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, inaugurou esta mañá o certame Cimag-GandAgro 2015 en Silleda facendo unha chamamento á internacionalización do sector lácteo galego.

Rosa Quintana fixo referencia á importancia de dar o salto internacionalización e para iso “debemos poñer en común as accións emprendidas polas administracións, os esforzos realizados polo sector agrogandeiro e os últimos avances tecnolóxicos de aplicacións ás nosas explotacións”. Neste sentido, sinalou que “esa internacionalización e a ampliación de mercados é clave nun sector estratéxico para a nosa economía como é o lácteo, por iso deben ser e son obxectivos irrenunciables para lograr o seu fortalecemento e despegue definitivo”.

Ademais, salientou que a busca dun valor engadido nos derivados lácteos “incrementará a demanda dunha materia prima de incuestionable calidade, nun mercado globalizado como o que vivimos”.

As axudas para comprar maquinaria agrícola en común duplícanse en 2015

A titular de Medio Rural e Mar tamén informou que de cara a 2015, no caso das axudas para a compra e disposición de maquinaria mediante un modelo asociativo, as disposicións orzamentarias medran nun 100% pasando de 2 a 4 millóns de euros. Neste sentido, engadiu que a orde destas axudas está “practicamente lista para ser publicada”.

Para afianzar esta aposta son clave iniciativas como CIMAG-Gandagro, xa que “afondan no intercambio de experiencias e de coñecemento dos profesionais do sector e na vertebración e cohesión dun sector determinante como é o agrogandeiro e forestal”. Ademais, sinalou, “serven para a mellora da calidade de vida e da riqueza dunha poboación rural, que na nosa comunidade autónoma é dunha importancia crucial”, afirmou Rosa Quintan

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información