136 gandeiros e agricultores lucenses recibirán axudas da Deputación para recuperar 582 hectáreas abandonadas

136 gandeiros e agricultores lucenses recibirán axudas da Deputación para recuperar 582 hectáreas abandonadas

Terra agrícola recuperada por Alejandro na Pontenova

O voceiro do goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, informou que a Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución das axudas de 300.000 euros dirixidas a gandeiros e agricultores da provincia para recuperar terras abandonas e poñelas en produción. Resultaron beneficiados 136 profesionais lucenses que incorporarán ás súas explotacións 582 hectáreas de terreos ata o momento baldíos.

Santos Ramos explicou que estes se suman a outros 220 agricultores e gandeiros que xa recuperaron 1.200 hectáreas coas anteriores edicións desta programación que ofreceu o Goberno Provincial na súa aposta por unha Deputación co rural.

Todo isto supón a posta en valor dun total 1.888 hectáreas de terras abandonas no conxunto do territorio lugués en beneficio directo de 356 profesionais lucenses do sector agrogandeiro.

Distribución por Comarcas das 582 novas hectáreas que se porán en produción

Na Montaña, recuperaranse 184 hectáreas con 92.300 euros en axudas a 42 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca; na Terra Chá, 171 hectáreas e 85.600 euros en 39 axudas; na Comarca de Lugo, 97 hectáreas e 48.200 euros en 23 axudas; na Comarca de Sarria, 45,6 hectáreas con 22.800 euros en 14 axudas; na Mariña, 31 hectáreas con 15.900 euros en 7 axudas; en Lemos e Chantada, 24,5 hectáreas con 12.300 euros en 6 axudas e na Ulloa 26,1 hectáreas con 13.100 euros en 4 axudas.

Requisitos

As axudas de 300.000 euros concedéronse en réxime de concorrencia competitiva. É dicir, todos os gandeiros e agricultores a título individual, agrupación de produtores, SATs ou persoas xurídicas con titularidade de explotacións da provincia puideron optar ás mesmas.

Para resultar beneficiados, tiveron que acreditar que a súa actividade profesional principal é a agricultura ou a gandería, así como que dispoñen de cando menos 1 hectáreas baldía en réxime de propiedade, aluguer ou froito dunha cesión ou doazón.

Os adxudicatarios teñen a obriga de ter agora en produción o espazo recuperado un mínimo de 5 anos e sempre para actividades agrícolas ou gandeiras, pois as plantacións forestais non se subvencionan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información