A Xunta autoriza facer pastoreo ou segar as superficies de barbeito debido á seca

A Xunta autoriza facer pastoreo ou segar as superficies de barbeito debido á seca

A seca está a afectar especialmente aos gandeiros de Ourense

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) publica este xoves no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que autoriza a utilizar as superficies a barbeito para facer pastoreo ou para segar.

Os agricultores con máis de 15 hectáreas de terra cultivable poden recibir axudas do chamado pago verde da PAC se deixan un mínimo do 5% para Superficie de Interese Ecolóxico (SIE), que pode ser tanto a barbeito ou con cultivos fixadores de nitróxeno.

Sen embargo, para esta campaña da PAC 2017, a Xunta de Galicia, previa autorización do Goberno central, decidiu acollerse ás excepción que contempla a normativa europea debido á forte seca, que está a provocar unha importante diminución da forraxe nas explotacións de gando, sobre todo nas de vacún de carne en extensivo.

Deste xeito, os gandeiros poderán este ano aproveitar esas superficies a barbeito para pasto ou para segar a herba e percibir igualmente as axuda do pago verde.

Consulta aquí a resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información