Xornada técnica sobre o sector ovino e caprino en Galicia

Publicidade
Data inicio: 25/10/2018
Data fin: 25/10/2018
Lugar: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), Lugo, España

O vindeiro xoves, 25 de outubro, terá lugar en Lugo a VII Xornada Técnica Monográfica do Sector Ovino e Caprino en Galicia. Esta actividade celebrarase no Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) e está organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), en colaboración con OVICA, a cooperativa O Vélaro, Pastores de Galicia e a Consellería de Medio Rural.

A asistencia é libre e gratuíta, confirmando a asistencia no teléfono 687 77 80 13.

Programa:

-09:00. INAUGURACIÓN DAS XORNADAS: D. Santiago Crecente Campo. Dr. Enxeñeiro Agrónomo. CIAM. Marco da Curra (AGACAL).

-09:30 – 10:30 h. “Seguros agrarios: seguros combinados (Agroseguro) e seguros de responsabilidade Civil”. Dª. María Cristina Vázquez Balboa. Responsable Departamento de Seguros Caixa Rural Galega.

-10:30 – 11:30 h. “Paratuberculose en Galicia: Evolución e situación da enfermidade nos rebaños nos últimos 10 anos”. D. Miguel Viña Vázquez. Doutor Veterinario da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de
Compostela. (Campus de Lugo).

-11:30 – 12:00 h. PAUSA CAFÉ.

-12:00 – 15:00 h. “Condicionalidade na Política Agraria Común e previsión para o novo período PAC 2020- 2025”. D. Miguel Ángel Castro Castro. Enxeñeiro de
Montes na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) e técnico do FOGGA da Consellería de Medio Rural (Xunta de Galicia), na delegación territorial de Lugo.

-15:00 h. CLAUSURA DAS XORNADAS: D. Diego Fernández González. Presidente de OVICA (Asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia)

-15:30 h. XANTAR NO RESTAURANTE TÍA JULIA: Rúa Afonso X o Sabio, 31. C.P. 27002 (Lugo). (Imprescindible confirmar asistencia e reservar no teléfono 687 778 013). O prezo do menú será de aproximadamente 20 € por persoa.

Esta xornada forma parte do plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2018, cofinanciado no 75% polo FEADER.

cartaz_ovica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información