Data inicio: 13/10/2017
Data fin: 13/10/2017
Lugar: Hotel Piornedo, Piornedo, Cervantes
As charlas comarcais que está a programar o grupo O Xan sobre coexistencia do lobo coa gandería extensiva continúan o próximo venres 13 de outubro nos Ancares. Tras a celebrada en Muras en setembro, programouse unha nova xornada en Piornedo (Cervantes, Lugo) na que, ademais da cuestión do lobo, tamén se abordarán os problemas que está a xerar o oso coa apicultura e coa gandería.
O evento, de acceso libre, está organizado polo grupo O Xan, un colectivo que trata de promover o debate sobre a xestión do lobo en Galicia e que está integrado por gandeiros, cazadores, ambientalistas e investigadores.
O programa da xornada de Piornedo é o seguinte:
10 horas – Presentación. O Xan, grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia.
10.30 horas – A xestión do lobo en Galicia: a poboación da montaña oriental (Luis Llaneza, biólogo. Arena).
11.15 horas – O oso pardo na cordillera Cantábrica: osos e apicultura (Guillermo Palomero. Presidente da Fundación Oso Pardo).
12 horas – Pausa café
12.30 horas – Que é coexistir? Claves para a coexistencia (José Vicente López-Bao, Universidad de Oviedo).
13.15 horas – A coexistencia vista por un gandeiro: métodos de prevención na montaña cantábrica (Rubén Valín, gandeiro).
14 horas – Debate coloquio: Gandería responsable, osos e lobos son o problema?