Xornada sobre castración de femias bovinas mediante o método Rilú

Publicidade
Data inicio: 15/10/2019
Data fin: 15/10/2019
Lugar: INGACAL-CIAM, Mabegondo-Abegondo, España

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a empresa ALBEITANERIA, en colaboración con Laboratorios Galeno e MSD, organizan o vindeiro 15 de outubro nas instalacións do CIAM unha xornada teórica e práctica sobre castración de féminas bovinas mediante o método RILÚ, unha práctica dirixida a mellorar o engorde e as características organolépticas da carne destes animais destinados a cebo.

A xornada será impartida por Héctor Ricardo  Ludueña, un destacado veterinario arxentino, con máis de 20 anos de docencia en universidades e máis de 40 anos de traxectoria profesional como asesor en produción e reprodución bovina e equina.

Obxectivos da xornada:

1.- Visualizar a importancia das femias bovinas dentro dos diferentes sistemas produtivos.
2.-Ventaxas da castración respecto ás femias non castradas.
3.-Avaliar a posibilidade de mellorar as características organolépticas de diferentes cortes carniceiros, para un mellor engorde ou ceba de femias bovinas destinadas a faena ou descarte.
4.-Anatomía descriptiva na vaca da zona operatoria
5.-Familiarizarse con diferentes técnicas ou métodos de castración en femias bovinas.
6.-Coñecementos do Método de Castración RILÚ.
7.-Realización de prácticas in vitro, do Método de Castración RILÚ.
8.-Realización de prácticas in vivo, do Método de Castración RILÚ.

Programa:

Temas a tratar durante a xornada de mañá:

1.-Importancia das femias bovinas en sistemas produtivos.
2.-Diferentes técnicas ou métodos de castración en femias bovinas.
3.-Descrición anatómica e histolóxica das rexións a manipular.
4.-Presentación do Método RILÚ.

Tareas a realizar durante a tarde:

5.-Práctica in vitro do Método RILÚ.
6.-Práctica in vivo do Método RILÚ

O custo do curso é de 200 euros, que deberán ser ingresados na conta ES85-0030-6046-4102-9775-2273

As solicitudes de inscrición e o resgardo de transferencia deberán ser remitidos a calquera destes dous enderezos electrónicos: jmgcvet@gmail.com ou josemanuel@galeno.es

Descarga aquí o díptico da xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información