Xornada este venres en Silleda para o sector avícola de carne

Xornada este venres en Silleda para o sector avícola de carne
Data inicio: 23/11/2018
Data fin: 23/11/2018
Lugar: Fundación Semana Verde, Avenida Recinto Feiral, Silleda, España

O sindicato Unións Agrarias organiza para este venres, 23 de novembro, unha xornada para o sector avícola de carne, unha produción que está a experimentar un importante pulo nos últimos anos.

Na xornada, que se celebrará en horario de mañá en Silleda, no edificio da Semana Verde, diversos expertos analizarán a actual situación do sector e a súa forte evolución en Galicia, pero de forma moi especial nas comarcas do Deza e Tabeirós. Así, algúns concellos como Rodeiro, Agolada ou Lalín destacan por un crecemento grande e ligado á incorporación de xente moza ao sector.

Entre os ponentes estará Ángel Martín, secretario xeral de PROPOLLO, a patronal avícola española, e que fará alusión á situación actual e ás perspectivas así como os grandes cambios que está dando o sector no ámbito da produción pero tamén no ámbito do consumo.

Ademais, a subdirectora xeral de Producións Gandeiras do Ministerio de Agricultura, Josefa Lueso Sordo, avanzará a proposta de ordenación das ganderías avícolas, unha vella demanda de UUAA-UPA. Tamén se abordarán as relacións coa distribución, así como as melloras en bioseguridade e de redución de uso de antibióticos. A clausura e as conclusións correrán a cargo do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e do director xeral de Gandería da Consellería de Medio Rural, José Balseiros.

xornada avicola silleda

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información