Volve a subasta de becerros a Silleda cunha pequena baixada no Frisón

Acordos das mesas de prezos da Central Agropecuaria de Galicia do 16 de xuño. Este martes non se celebrou a subasta de vacún maior pola celebración da Semana Verde de Galicia

Volve a subasta de becerros a Silleda cunha pequena baixada no Frisón

Este martes, debido á Feira da Semana Verde, só se celebraron as reunións das mesas de prezos da Central Agropecuaria de Galicia e a subasta de becerros para recría.

Con respecto á última celebrada, a do 2 de xuño, houbo unha lixeira caída, sobre todo no de raza Frisona. O de menos de 20 días pagouse a unha media de 121 euros; a 141 € o de 21 a 50 días, e a 148 euros o de máis de 50. Hai dúas semanas os prezos foron de 129, 151 e 156 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruce industrial, as cotizacións medias mantivéronse con lixeiras subidas, agás nos becerros machos de máis de 51 días, que baixaron respecto a hai dúas semanas.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_vacun_silleda_16_06_2015

Suba nos ovos

Polo que respecta ás mesas de perzos, nos ovos acordose unha suba do 0,05%, a mesma porcentaxe que a semana pasada. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,40 € para os XL; 1,20 € a ducia para a categoría L; 1,08 para a M, e 0,893€ a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións baixaron un 0,1%, ata situarse nos 1,40 €/kilo.

Sobe o porco cebado e baixan os leitóns

En porcino, a mesa de prezos acordouse, unha semana máis, unha suba do 0,03% para selecto e categoría normal, e do 0,039% para categoría de canle II.

Nos principais mercados europeos os prezos tamén están á alza, como en Alemaña, unha suba do 0,05%, Dinamarca, onde as cotizacións subiron un 0,02%.

En canto aos leitóns, acumulan varias semanas de baixadas, un 1% esta semana, quedando os prezos nos 35 € para os procedentes dunha única explotación e en 30 € para os procedentes de varias.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_porcino_silleda_16_06_2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información