Unións pide atención ás débedas de Artesanos Gallegos tras trascender unha oferta de Coren pola planta

A organización agraria considera importante que se busquen fórmulas para garantir a continuidade da sala de despece de Castro de Rei, pero defende a necesidade dun prezo de venda que permita o pago das cantidades que se lle adebedan ós gandeiros

Unións pide atención ás débedas de Artesanos Gallegos tras trascender unha oferta de Coren pola planta

Mobilización de Unións o pasado marzo polas débedas da industria. / Arquivo.

A sala de despece de Artesanos Gallegos de la Carne (Castro de Rei, Lugo), que entrou en concurso de acreedores a comezos de ano, ten unha oferta de compra por parte de Coren, segundo publica hoxe El Progreso. A oferta de Coren pola planta estaría en 1,9 millóns de euros, segundo o xornal lucense. Tras trascender esta proposta, chegan as reaccións. Unións Agrarias, que representa no concurso de acreedores a 60 gandeiros con débedas con Artesanos Gallegos, fai un balance dual.

A organización agraria considera importante que haxa ofertas pola planta que permitan retomar a súa actividade, pero tamén avoga por un prezo de compra que posibilite enfrontar as débedas cos gandeiros. Desde Unións, o seu responsable de vacún de carne, José Ramón González, sinala que os 60 gandeiros individuais con débedas acumulan uns impagos de máis de 600.000 euros.

A oferta de Coren, segundo publica El Progreso, só faría fronte ás débedas cos traballadores e a créditos privilexiados, pero non aos arredor de catro millóns de euros que lle adebeda Artesanos Gallegos de la Carne a gandeiros e cooperativas. Desde Unións sinalan en nota de prensa que hai marxe para ofertas superiores, pois o informe do administrador concursal reflicte a existencia duns “10 millóns de euros en activos” de Artesanos Gallegos de la Carne.

Coren, consultada ao respecto da súa oferta, non fixo polo de agora ningunha valoración.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información