Unha ovella de Cospeito pare 6 cordeiros

Unha ovella de Cospeito pare 6 cordeiros

Esta ovella da gandería de Xavier Fernández Arias pariu 6 cordeiros a pasada noite

A primavera está a ser xenerosa en partos na gandería de ovino de Xavier Fernández Arias en Cospeito (Lugo). E é que a pasada noite unha das súas ovellas pariu 6 años vivos, algo moi raro nesta especie.

“É o terceiro parto de esta ovella, e de momento están todos ben. Nos dous partos anteriores xa tivo catro años en cada un. É unha ovella cruce de Pelibuey e de Romanov, dúas razas moi prolíficas”, destaca este gandeiro.

Pero non é o único parto múltiple destacado nesta gandería de ovino, pois hai dous días outra das súas ovellas pariu 5 cordeiros, todos en bo estado.

Ovella que pariu 5 cordeiros hai 2 días

Ovella que pariu 5 cordeiros hai 2 días

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información