Un total de 120 animais de Rubia Galega participan este sábado na feira de Adai, no Corgo

O evento, organizado pola Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga), contará con 75 exemplares a concurso, 20 en subasta e outros 26 en exposición

Un total de 120 animais de Rubia Galega participan este sábado na feira de Adai, no Corgo

De esquerda á dereita, o alcalde do Corgo, o presidente de Acruga, César Dorado, e o responsable de Rural da Deputación de Lugo, Lino Rodríguez, na presentación da feira de Adai.

O mercado gandeiro de Adai, en O Corgo (Lugo) acollerá este sábado a principal cita anual da raza Rubia Galega, cunha subasta nacional que acada a edición número 89 e un concurso que chega a súa edición 31. En total, haberá 120 exemplares no recinto feiral, dos que 75 asisten a concursos, outros 20 corresponden ós animais en poxa e outros 26 estarán simplemente en exposición, sen participar en ningunha das dúas actividades.

César Dorado, presidente da Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga), entidade organizadora do evento, destacou na presentación do concurso e da subasta que “os exemplares que acuden a Adai son os mellores que poidemos seleccionar”. Este ano, o número de animais subiu lixeiramente, se ben desde Acruga inciden, máis que na cantidade, na calidade.

Un dos grandes atractivos da feira será a subasta nacional, na que haberá 13 femias e 7 machos. Destes animais, 10 son novillas do centro de recría Gayoso Castro, que xestiona Acruga en colaboración coa Deputación de Lugo, e outros 3 son touros da nave de testaxe de Acruga en O Corgo. Os restantes 7 exemplares proceden de ganderías que traballan coa raza.

A poxa comezará ás 12 da mañá, pero os gandeiros interesados poderán retirar tarxetas para participar desde unha hora antes. As novillas preñadas de Acruga sairán á venda por un prezo inicial de 1.800 euros. Os gandeiros que adquiran algún dos exemplares terán unha axuda de 200 euros de Caixa Rural Galega no caso das femias e de 300 euros no caso dos machos.

Centro de recría
Sobre o centro de recría Gayoso Castro, que aporta a maioría dos exemplares a subasta, o deputado de Rural da Deputación de Lugo, Lino Rodríguez, incidiu na presentación da feira de Adai en que “estamos a traballar para que a raza rubia galega estea no lugar que lle corresponde, algo que se está a facer a través da mellora xenética e tamén coa manutención e a recría de animais ben alimentados no centro de recría, para que despois levemos ás subastas aos mellores exemplares”.

Rodríguez adiantou tamén que a colaboración entre Acruga e a Deputación continuará de cara ó futuro para a recría de novillas no centro, onde actualmente hai unhas 150. A Deputación prevé tamén remodelar as cortes e as instalacións o próximo inverno para modernizalas.

No acto de presentación da feira de Adai participou tamén o alcalde do Corgo, José Antonio Ferreiro, que cualificou o evento como unha das citas máis importantes que se celebran no Corgo, “onde hai moitos gandeiros que viven da raza Rubia Galega”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información