Un paso máis para a IXP Capón de Vilalba

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se adopta decisión favorable para a inscrición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Capón de Vilalba no Rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

Un paso máis para a IXP Capón de Vilalba

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se adopta decisión favorable para a inscrición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Capón de Vilalba no Rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

Isto significa que transcorrido o período establecido sen que se formulasen oposicións a este rexistro se procederá a comunicar esta resolución ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para a súa transmisión á Comisión Europea. Con este trámite complétase a tramitación a nivel nacional do Capón de Vilalba como produto amparado por unha IXP.Ç

Prego de condicións que debe cumprir o Capón de Vilalba

Ao tempo, o DOG publica hoxe o prego de condicións que debe cumprir o produto amparado. Este documento recolle desde o nome do produto ata as normas para a súa etiquetaxe, pasando pola súa descrición ou a zona xeográfica de cría, sacrificio e procesamento dos capóns, que se corresponde coa comarca luguesa da Terra Chá (concellos de Muras, Xermade, Vilalba, Abadín, A Pastoriza, Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei).

O prego de condicións inclúe tamén os elementos que proban que o produto é orixinario da zona, establecendo que para a comprobación do cumprimento dos seus preceptos o órgano de control contará con rexistros, permanentemente actualizados, de explotacións, matadoiros e elaboradores-comercializadores. Neles inscribiranse as instalacións produtivas dos diferentes operadores tras a presentación da correspondente solicitude por parte dos seus titulares. As diferentes instalacións deben estar situadas na zona xeográfica delimitada.

O documento publicado polo DOG incorpora tamén información sobre a obtención do produto e o proceso produtivo (crianza, ceba, sacrificio e comercialización). Tamén recolle unha referencia ao vínculo do produto co medio, repasando diferentes referencias históricas sobre o capón de Vilalba, e o vínculo co medio natural, con datos sobre as características específicas da área xeográfica, a especificidade do produto e a interacción entre ambas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información