Un mozo de Pol inventa un pelador de porcos que axiliza a matanza

Un vídeo que amosa o funcionamento do sistema volveuse viral en internet e xa acumula máis de 110.000 visitas en 48 horas

Un mozo de Pol inventa un pelador de porcos que axiliza a matanza

Imaxe tirada do vídeo que amosa o funcionamento do sistema.

A matanza do porco entra nunha nova evolución co invento que vén de deseñar un mozo de Pol para pelar os animais. O artiluxio consiste nun taladro ó que se lle acopla unha barra cun cepillo tubular de tres aletas de ferro na punta. O sistema permite un pelado áxil do animal, nuns 8-10 minutos, segundo calcula o seu creador, Rubén Iglesias, que se está a ver sorprendido polo impacto do invento.

En só 48 horas, un vídeo que colgou en Facebook para amosar como funciona o sistema superou as 110.000 visitas, convertíndose nun fenómeno viral. Das redes sociais saltou axiña ós medios de comunicación, facéndose eco Radio Lugo – Cadena Ser do éxito do sistema. A repercusión é tal que xa houbo ferreterías que se interesaron por patentar o invento e pola súa comercialización, polo que é previsible que nun futuro se poida adquirir no mercado.

A repercusión foi tal que xa hai ferreterías interesadas en patentar e comercializar o invento

Todo comezou de casualidade. “A idea veu un pouco porque cada vez hai menos xente para botar unha man na matanza e un día púxenme a pensar en como facilitar o tema e ocorréuseme este sistema. Fíxeno coa idea de atender unha necesidade”, explica Rubén Iglesias, un mozo de Pol que traballa nun taller de aluminio e Pvc.

O artiluxio, ben manexado, fai un traballo de precisión que evita o pelado a man, raspando e queimando con soplete, un labor que dá choio e que leva máis tempo que o pelado mecánico inventado estes días en Pol.

Vídeo

image_print

Una idea sobre “Un mozo de Pol inventa un pelador de porcos que axiliza a matanza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información