Un boi de raza Caldelá subastado en Silleda por 5.259 euros

A Central Agropecuaria de Galicia acadou hoxe un récord histórico no prezo dun exemplar . O boi foi criado en Coles (Ourense) e mercado pola empresa monfortina Galcarnes

Un boi de raza Caldelá subastado en Silleda por 5.259 euros

Boi subastado hoxe en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda,  rexistrou hoxe o seu récord absoluto en canto ao prezo acadado por un exemplar. Foi na poxa de vacún maior, cun boi de raza Caldelá procedente dunha explotación de Coles (Ourense) que foi adquirido polo matadoiro Galcarnes (Monforte de Lemos), por un prezo de 5.259 €.

O récord situábase ata hoxe nos 5.022€ acadados por outro boi o 3 de xuño de 2014, sendo o anterior mellor prezo 4.622€ pagados tamén por un boi o 8 de abril dese mesmo ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información