Tráfico multa a un gandeiro de Becerreá por non levar as vacas en fila india pola estrada

A sanción da Garda Civil de Tráfico é de 80 euros. O Sindicato Labrego denuncia que “as diversas administracións se confabulen para facer da actividade agrogandeira unha carreira de obstáculos da que cada vez é máis difícil vivir”

Tráfico multa a un gandeiro de Becerreá por non levar as vacas en fila india pola estrada

Vacas do gandeiro sancionado

Vilar de Ousón, na parroquia de Cruzul (Becerreá), ten unha soa pista de acceso. Por ela só circulan os vehículos que teñen as cinco familias que aínda viven na aldea, camiñan veciñas e veciños e transitan os rabaños de vacas das poucas granxas que aínda quedan en activo e que foi o medio de vida, xeración tras xeración, das familias que aquí moraron.

Por iso, cando a Nonito o parou este verán a Garda Civil de Tráfico, non daba creto ao que lle estaba a acontecer. El, como fixo durante toda a súa vida, e como fixeron tamén os seus devanceiros e agora seu fillo Xosé Antonio e a súa nora Carme, levaba as 22 vacas da familia pacer aos prados, ben guiadas polo seu caxato e os tres cans pastores que o acompañaban. E facíao por esa única pista que une Vilar de Ousón co resto do mundo.

Pero os axentes da Benemérita entenderon que levar o rabaño como o levou toda a vida era ilegal e multárono con 80 euros. Seica as vacas debían ir acompañadas por tres persoas, cada unha con chaleco reflector, e os cans con buceira. Sen embargo, a denuncia da Garda Civil só aduce o feito de “conducir animales ocupando más de la mitad derecha de la calzada”.

“Esa pista é a única vía pola que podemos levar as vacas pacer aos prados”, explica Xosé Antonio, fillo de Nonito. “Se levamos os cans con buceira -asegura- , entón non valen para nada. En canto ao de ir tres persoas, xa caro custa vivir das vacas actualmente, que non nos dan suficiente para vivir, como para contratar xente para levalas pacer. Se temos que facer iso, é mellor vender todo e pechar a explotación”.

“Non se entende esta persecución policial contra os gandeiros”.

Para o Sindicato Labrego Galego “o máis absurdo desta situación é que miles de familias en Galicia levan, dende antes que existisen os vehículos motorizados e a Garda Civil, as vacas pacer aos prados, polo que non se entende que agora teñan que sufrir unha persecución policial por facelo”. “Non ten sentido”, quéixase Xosé Antonio. “Se dás unha volta polas parroquias de Becerreá ou dos municipios da contorna, en cada lugar e aldea vas atopar rabaños. Por aquí teñen moito máis perigo as persoas da vila que pasean en grupos e camiñan polo medio e medio das pistas. Os veciños xa estamos afeitos e circulamos con moita precaución”, recalca.

“As administracións converten a actividade gandeira nunha carreira de obstáculos”

Copia da multa

Copia da multa

O Sindicato Labrego Galego critica “o feito de que as diversas administracións se confabulen para facer da actividade agrogandeira unha carreira de obstáculos da que cada vez é máis difícil vivir”.

Neste sentido, a organización agraria lembra que “esta mesma familia, hai catro anos, denunciou forestacións de terras agrarias flagrantemente ilegais e que condicionaban negativamente a súa actividade gandeira sen que as autoridades competentes movesen nin un só dedo para atender as denuncias e restablecer a legalidade”. .

Dende o Sindicato Labrego Galego, piden ás xefaturas da Garda Civil de Tráfico da Galiza e, en última instancia, ao Ministerio de Interior, “que deixen de perseguir unha actividade indispensable para o noso medio rural e para a sociedade como a gandería e que, no caso que nos ocupa, non supón ningún perigo para a seguridade viaria”.

“Se realmente queren evitar riscos no tráfico de Vilar de Ousón, daquela poderiamos comezar con anchear a pista e sinalizar nela a presenza de gando para advertir aos vehículos que por alí circulen, cousa que, até o de agora, non se fixo”, conclúen.

12 ideas sobre “Tráfico multa a un gandeiro de Becerreá por non levar as vacas en fila india pola estrada

  1. a Maite

    La guardia civil de tráfico no está haciendo nada que sea nuevo, siendo yo muy pequeña hace mucho,ya había que llevar las vacas amarradas de dos en dos o sino ir varias personas con ellas lo que pasa es que hasta ahora se fue transigiendo,y la verdad es que muchas veces los agricultores se pasan tres pueblos ,no se inmutan por nada puedes ir detrás de un rebaño una hora que no se molestan en apartarlas para poder pasar.

    Contestar
    • Un ganadero hasta los huevos

      No creo que vallas 1h detrás de ningún rebaño. Además, si un trailer va despacio tienes que esperar a poder adelantar y se comprende que “está trabajando y necesita la carretera”, en cambio, a un ganadero no se le reconoce que “está trabajando y necesita la carretera”

      Contestar
    • Pablo O Corgo

      Querida Maite. Para poder opinar, ai que ter un minimo de coñecemento do tema a tratar. E polo que podo leer no teu comentario, a tua ignorancia en este tema e total.
      Notase de lonxe que nunca levaches o prado un rebaño de vacas.
      Dubido moito que existan moitas explotaciones en Galicia que dispoñan de tanto personal como para levar 22 vacas atadas de 2 en 2. E tamen dubido que poda haber tan bos domadores de vacas para que estas circulen en liña polo arcén.
      As xentes do rural decatamonos de todo esto (aplicamos o sentido comun) e cando circulamos en coche e topamos con un rebaño pola estrada gardamos distancia para que non se espanten ou cando e no verán páramos a unha sombra ata que as vacas chegen o seu destino ou nos leven a suficiente ventaxe, por que a xente que vai con elas esta traballando, non vai de paseo.
      Ou e que ti, cando na tua cidade ai un atasco ou tráfico anormalmente lento, ¿pasas por enrribas dos vehículos que levas diante?
      Con este comentario so pretendo que reflexiones, e te poñas no lugar do gandeiro que vai coas vacas, en un coche detrás case que empurrando facendo que corran, e querendo pasarlle por riba.

      Contestar
  2. pedro

    Entonces cuando encuentras un grupo de ciclistas ocupando toda la carretera, y te tiras una hora detrás .Ahí no pasa nada….

    Contestar
  3. Eu

    Totalmente de acuerdo con Maite, en esa zona echan las vacas solas con un perro dandoles caña y si te pillan de frente te crujen el coche y si les dices algo… ellos tienen seguro. Y personalmente la multa la mereceria justo el de las vacas y el perro no Nonito que aun tiene cuidado.

    Contestar
  4. Anxo.

    Multan ó dono dun can porque o animal cagou no prado do veciño.?
    Queridos habitantes da cidade: os vosos antepasados tamén eran do ámbito rural ou mariñeiro. E os alimentos non se fabrican no supermercado. Tamén a actividade industrial causa moitos prexuízos e naide quere pechar as industrias por eso.
    O feito de ir levar as vacas ó prado existía séculos antes dos coches. Non digo que non existan gandeiros imprudentes, que os haberá, como tamén hai conductores bos e non tan bos. Pero no caso que nos ocupa, todo parece indicar que a garda civil pasouse unha miguiña.
    Sen xente no rural o agro convertiríase nunha xungla. E, entón, queridos habitantes do urbán, sería ben difícil poder desfrutar do campo, a non ser a través da televisión. Por favor, COMPRENSION.

    Contestar
  5. Óscar

    Ei vai o comentario dun panadeiro:
    Para levar as vacas pola estrada hai k saber levalas. A maioría pasotismo e os condutores k se fodan… Máis multas coma esta x favor!

    Contestar
    • Rosalia

      Esooo, xenial que paguen multas que pechen as explotacions, que emigren as cidades e de paso ti con eles porque si non queda xente nas aldeas a ver a quen lle vendes ti o pan, aaah si vas ir polo medio da urbe pitando panadeirooi, igual saen as señoras o portal a mercarche algunha barriña, haiii pero que molesto e o pitido do panadeiro cando entra pitando como un tolo nas aldeas, que multen o panadeirooooo por contaminación acústica, molesta.

      Contestar
  6. Victor

    Cada que con seu. Cada un no seu medio natural, as vacas no campo e os urbanitas na cidade que xa bos problemas teñen coas cagadas dos cans. Din que se parecen os donos tanto as vacas como os cans. Por algo será.
    Saudos e boas noites.

    Contestar
  7. oliva

    Son gandeira e xa esta ben hay xente q non se da conta q se come e graciad os ganaderos agricultores e mariñeiros.q non nos miren con tanta indiferencia…deverian facernos un monumento por termar do campo

    Contestar
  8. Carlos

    Eso, cada quen co seu. As vacas no campo e os coches na estrada. E se hai que movelas, é probable que haxa máis modos que en manada-atasco. No verán de 2015 tiven o dubidoso pracer de ir tras das vacas durante cerca de media hora por unha estrada comarcal a medio día. O home aquel non só non fixo caso das miñas protestas senón que me amenazou e mesmo se riu, supoño que do “urbanita” aquel que tivo a ocorrencia de pretender utilizar unha estrada co seu coche. Cando me vin liberado denunciei o conculcamento da miña liberdade de tránsito e as amenazas recibidas. Que non lle pase o mesmo a ninguén máis, aldeán ou non.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información