Ternera Gallega prosegue a promoción no mercado alemán

A Indicación Xeográfica Protexida aspira a iniciar a exportación de carne ó país xermano. Asistiu estes días á feira Anuga, en Colonia, o maior certame de alimentación de Europa

Publicidade
Ternera Gallega prosegue a promoción no mercado alemán

Jesús González, presidente da IXP.

A apertura de mercados en Centroeuropa continúa a ser un dos obxectivos principais de Ternera Gallega, que está desenvolvendo este ano unha intensa labor de contactos con operadores de Alemaña. No marco desta liña de traballo, a Indicación Xeógráfica Protexida (IXP) asistiu estes días á feira Anuga, en Colonia (Alemaña), o maior certame de alimentación de Europa.

Os responsables da IXP e industrias cárnicas inscritas no selo viaxaron ó páis xermano para manter encontros comerciais con firmas de primeira orde de importación e exportación de carne. De xeito paralelo, Ternera Gallega tamén facilitou información directa ós visitantes profesionais da feira sobre cuestións como a orixe, a trazabilidade ou as características e propiedades da carne da Indicación.

A presenza en Anuga representa un paso máis no traballo de promoción que se está a desenvolver en Alemaña por parte da IXP. Nos últimos meses, celebráronse encontros profesionais con comerciais cárnicas, distribución, restauración e medios de comunicación especializados.

O mercado de Ternera Gallega céntrase de xeito tradicional en España, cunha pequena cota de exportación a Portugal e Andorra. De cara ós próximos meses, a Indicación aspira a abrir máis mercados en Centroeuropa.

Anuga
A feira Anuga, que se celebrou a pasada semana en Colonia, contou con 6.700 expositores procedentes dun cento de países, que se repartiron en 300.000 metros cadrados de exposición. O evento superou os 150.000 visitantes.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información