Tendencia á alza nos prezos do gando vacún en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 4 de abril

Tendencia á alza nos prezos do gando vacún en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola tendencia á suba nos prezos do gando vacún, tanto becerros de recría, sobre todo de raza Frisona, como vacún maior, e pola suba acordada para porco cebado, leitóns e ovos. O coello mantense sen cambios na Lonxa de Madrid.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron en todas as categorías. Así, na de menos de 20 días, a cotización media remontou ata os 133 euros, fronte aos 113 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu ata os 153 euros por xato, vinte máis que o pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos baixaron ata unha media de 180euros, fronte aos 150 da semana anterior.

En canto aos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos esta semana foron máis ben á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias caeron nos machos ata os 276 euros, fronte aos 302 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, pola contra o prezo medio dos machos subiu, quedando nos 320 euros de media, nove máis que o pasado martes. Nas femias o prezo medio caeu lixeiramente: 219 euros, fronte aos 221 da anterior poxa. Nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén caeu ata os 433 euros, fronte aos 472 euros de media da pasada semana.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha recuperación dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.104 euros de media en categoría primeira, 722 en segunda -a máis numerosa- e 462 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.063, 714 e 445 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Silleda_vacun_4_4_17

Suba dos ovos e e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis subir as cotizacións. Así, a XL subiu un 0,01% ata os 1,41 euros a ducia. No resto de categorías a suba foi do 0,02%, quedando a L nos 1,31 euros a ducia; a M nos 1,24 euros e a S en 1,03 euros.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos da pasada semana: 1,70 euros o quilo.

Suba do porco cebado e dos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,04%, acadando os 1,355 e 1,330 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,052% ata os 1,727 euros por quilo. O desvelle tamén subiu un 0,03%, quedando nun intervalo de prezos de entre 0,89 e 0,95 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións repuntaron esta semana un 0,07% ata os 1,680 euros o quilo, unha suba seguida nos principais países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse tamén subir as cotizacións un 1% ata os 60 euros para os procedentes de varias explotacións e os 65 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Silleda_porcino_4_4_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información