Tendencia á baixa dos xatos de recría e repunte do porcino

Nas mesas de prezos dos ovos acordouse unha suba dos prezos para as categorías L e M. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 14 de xuño

Tendencia á baixa dos xatos de recría e repunte do porcino

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola tendencia xeral á baixa dos prezos dos tenreiros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial, aínda que con excepcións. Non houbo poxa de vacún maior nin de becerros carniceiros, que se pospoñen para a vindeira semana.

Nos becerros de Frisoa os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 115 euros, fronte aos 121 da última cotización. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 152 euros por xato, cunha suba importante respecto aos 139 da última poxa, celebrada o 31 de maio. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos medios mantivéronse nos 178 euros.

Nos becerros de recría de Cruzamento industrial a tendencia xeral tamén foi á baixa. Así, na categoría de menos de 20 días, houbo uns prezos medios de 248 euros fronte aos 252 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 305 euros, fronte aos 324 da última poxa. Nas femias, os prezos medios tamén baixaron: 227 euros por animal fronte aos 238 da última cotización. En canto aos xatos de máis de 51 días, mantivéronse estables nos 393 euros de media.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_VACUN_16_06_2016

Ovos e coello á alza

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha suba das cotizacións do un 0,01% para as categorías L e M, que quedaron en 1,12 e 1,08 euros a ducia, respectivamente. A XL e a S mantivéronse sen cambios en 1,21 e 0,92 euros a ducia, respectivamente.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, despois de varias semanas sen cambios acordouse unha suba do 0,1%, ata os 1,40 euros o kilo.

Suba do porco cebado e dos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis subir os prezos; desta volta un 0,03% para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,255 e 1,230 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén subiu, un 0,039% ata 1,597 euros por quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, despois de varias semanas de subas acordouse baixar os prezos un 0,02% ata os 1,510euros o quilo, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha tendencia á baixa ou á estabilidade das cotizacións.

En canto aos leitóns, acordouse unha nova suba dos prezos, en concreto dun 1,5%. Deste xeito quedaron nos 38 euros os procedentes de varias explotacións e nos 43 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_PORCINO_16_06_2016

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información