Suben as cotizacións de Ternera Gallega Suprema no mercado de Amio

O resto de categorías mantéñense sen cambios con respecto á semana pasada

A mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega do mercado de gando de Amio decidiu esta semana subir 2 céntimos os prezos das canais da calidade Suprema.

Namentres, a mesa de cotizacións do gando de abasto mantívose sen cambios aínda que os prezos das distintas categorías presentan diferentes tendencias. Así, no gando de recría obsérvase unha tendencia xeral á baixa. O mesmo acontece cos prezos do vacún maior de abasto, que non rexistraron variacións pero amosan unha predisposición á baixa das clasificacións O e P.

Pola contra, aínda que tampouco sufriu variacións nas cotizacións con respecto da sesión anterior, o vacún mediano para sacrificar presenta unha tendencia á alza para as canais de ata 200 quilos.

En canto á asistencia de gando, a sesión contou con 2.088 animais, 33 máis que a do pasado día 11 de xullo. Contabilizáronse 1.662 cabezas de vacún menor (44 máis que a sesión anterior), 236 de vacún mediano (24 máis ca semana pasada), e 176 de vacún grande (34 reses menos que no mercado pasado).

Máis información:
– Táboa completa das cotizacións de Amio (18-VII-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información