Subas no vacún maior na mesa de cotizacións de Amio

As mesas de prezos do Mercado de Amio acordaron na sesión desta semana subas en vacún maior e leves baixadas nalgunhas categorías dos becerros de recría. En Ternera Gallega, a mesa de prezos da IXP acordou manter de novo as cotizacións das últimas semanas, pois a leve recuperación da demanda non rematou polo de agora cos stocks de carne existentes. En canto á feira, a asistencia de gando foi de 2.079 reses, 141 máis que na anterior edición.

En vacún maior, as subas acordadas nas mesas de prezos foron de 9 céntimos na categoría O e de 5 céntimos na categoría P. Do mesmo xeito, por razóns de axuste técnico, houbo alzas no gando de abasto nas tenreiras O e P de peso inferior a 300 quilos, que subiron 10 e 11 céntimos respectivamente.

En becerros de recría, houbo baixadas nos machos dalgunhas categorías de rubia galega. Pódense consultar todas as cotizacións na seguinte táboa de cotizacións (19-8-2015).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información