Subas no gando de recría e continuidade en abasto

As mesas de prezos de Amio acordaron subas en parte das categorías do gando de recría, en tanto proseguen sen cambios o gando de abasto e o de Ternera Gallega. En recría, advírtese unha forte tendencia á alza dos prezos de descalostrado, unha circunstancia que, unida a medidas de axuste técnico, levou a subas de entre 10 e 45 euros en distintas categorías. Pódense ver todos os cambios na táboa completa das cotizacións.

En Ternera Gallega, acordouse a continuidade dos prezos e os vogais coincidiron en apreciar unha tendencia á baixa da demanda, co mantemento da oferta. En gando de abasto, tamén se aprecia unha tendencia á baixa nos becerros, se ben mantéñense sen cambios esta semana os prezos tanto en becerros como en vacún maior.

A asistencia de gando á feira esta semana foi de 2004 reses, 1534 de vacún maior, 224 de vacún mediano e 218 de vacún menor.

Táboa completa das cotizacións (25-11-2015)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información