Subas en vacún maior en Amio e estabilidade en recría e Ternera Gallega

As mesas de prezos de Amio acordaron unha suba de 5 céntimos nas subclases O3, O2 e O1, en tanto en recría e becerros de abasto mantéñense as cotizacións sen cambios. Os vogais da Mesa de Prezos de gando de abasto coinciden en apreciar, non obstante, un mercado lento e pesado, así como unha tendencia xeral á baixa dos prezos da recría, en particular nos cruces.

Na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, mantivéronse os valores da anterior sesión en todas as categorías e calidades.

Respecto do mercado gandeiro, a asistencia á sesión desta semana foi de 2.164 reses, 25 máis que a pasada semana. Houbo 1.591 cabezas de vacún menor, 249 de vacún mediano e 314 de vacún maior.

Máis información

Táboa das cotizacións de Amio (11-IV-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información