Subas en Ternera Gallega en Amio

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega en Amio acordou unha suba xeralizada esta semana de entre 3 e 6 céntimos. Os cambios son os seguintes: en Ternera Gallea Suprema, no peso de 200 a 225 quios en machos e de 180 a 200 en femias, a suba é de 6 céntimos. En pesos superiores a 225 quilos en machos e a 200 en femias, a suba é de 3 céntimos; en Ternera Gallega, soben 3 céntimos tódolos pesos. Tamén se aplica unha suba de 3 céntimos nos anellos.

Na Mesa de Prezos de gando de abasto, os vogais deciden por razóns de axuste técnico unha suba nos prezos das canais dos becerros en pesos superiores a 180 quilos. O resto de categorías permanece sen cambios, aínda que apréciase unha tendencia á baixa no gando de recría frisón e nas vacas das clases O e P.

A asistencia ó mercado de hoxe foi de 2.075 reses, 221 menos que a pasada semana. Houbo 1.676 cabezas de vacún menor (234 menos que a pasada semana), 237 de vacún mediano (37 máis) e 156 de vacún grande (13 menos).

Máis información
Táboa de prezos de Amio (10-VII-2019)

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información