SILLEDA_BECERROS_POXA_CRUCE

Suba xeral dos becerros en Silleda e baixada do vacún maior

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou este martes unha suba xeral dos becerros, tanto frisóns como de cruce, mentres que caen as cotizacións do vacún maior. Sen cambios no porco cebado, nos leitóns e nos ovos, mentres que sobe a carne de coello

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha suba xeral dos becerros, tanto frisóns como de cruce, mentres que caen as cotizacións do vacún maior. Sen cambios no porco cebado, nos leitóns e nos ovos, mentres que sobe a carne de coello.

En canto ós becerros de recría, os animais de raza frisoa experimentaron suba de prezos en todas as categorías. Así, os animais máis novos, de menos de 20 días, cotizáronse a 87 euros, 9 máis que na feira pasada. Os becerros de entre 20 e 50 días, a sección máis numerosa, tamén subiu ata os 110 euros de media, 3 euros máis. En canto aos animais de máis de 50 días acadaron os 151 euros no caso dos machos, 21 euros máis que o pasado martes.

Nos becerros de cruces industriais, a tónica foi similar. Deste xeito, os animais máis novos, de menos de 20 días, incrementaron en 39 euros o seu valor, ata os 260 euros. Nas femias desta mesma categoría o prezo subiu de media en 4 euros con respeto á feira pasada, ata os 209 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días a suba foi de 22 euros para os machos, cotizándose de promedio 323 euros, mentres que as femias subiron de media 15 euros por animal ata os 228 euros. Os becerros de máis idade, con máis de 50 días, foron a excepción e baixaron 60 euros de media, quedando nos 312 euros. As femias , pola contra, situáronse nos 294 euros, cunha suba media de 38 euros.

Tamén os becerros carniceiros experimentaron unha suba nesta sesión. Nos animais de cruces industriais, a categoría máis numerosa, os machos situáronse nos 931 euros, 119 euros maís, e as femias en 777 euros, 14 euros máis que na feira anterior.

Baixada no vacún maior

No vacún maior a tendencia foi a oposta, cunha caída de prezos en todas as categorías. Así, as vacas de primeira categoría rexistraron unha baixada de 20 euros ata situarse nos 1.076 euros. Mentres, as vacas de segunda, a categoría maís numerosa, reduciron a súa cotización con respecto ao pasado martes nunha media de 23 euros ata os 717 euros, e no caso dos animais de desvelle tamén baixaron, neste caso 9 euros, para situarse nos 446 euros de media.

SILLEDA_19_09_3_PORCINO

Sen cambios no porcino

No referido ás mesas de cotizacións do porcino, esta semana acordaron de novo manter sen cambios o prezo do porco cebado. Así, os prezos para o porco cebado selecto e normal mantéñense en 1,495 e 1,470 euros o quilo respectivamente. Na categoría de Canle II págase a 1,909 euros o quilo e nos animais de desvelle segue o prezo entre os 0,73 e os 0,79 euros.

Nos leitóns tampouco houbo cambios por segunda semana consecutiva. Así, o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 58 euros e para os animais chegados de varias ganderías o prezo sitúase nos 53 euros. O prezo por quilo é de 2,9 e 2,65 euros respectivamente.

En canto ós ovos mantéñense as cotizacións: A XL queda nos 1,43 euros a ducia; a L nos 1,25 euros; a M en 1,10 euros a ducia e a S queda en 0,90. O prezo da galiña de desvelle mantense tamén sen cambios nun intervalo de 0,10 e 0,18 euros o quilo.

E no relativo ó prezo do coello, a Lonxa de Madrid acordou subir o prezo 0,10 euros ata quedar nos 2,10 euros o kilo de carne deste animal.

SILLEDA_19_09_3_VACUN