Suba xeneralizada dos becerros de recría en Silleda

Baixa o vacún maior e o porco cebado e soben os leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 15 de setembro

Suba xeneralizada dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola lixeira suba xeral nos becerros de recría, tanto nos de raza Frisona como nos de Cruce Industrial.

Así, nos tenreiros de Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 114 euros; a 122 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 132 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 105, 119 e 127 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruzamento industrial, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 304 euros; a 308 € os de 21 a 50 días, e a 403 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 271, 275 e 386 €, respectivamente.

Pola contra, no vacún maior os prezos rexistraron unha leve baixada; en Categoría Primeira pasaron de 1.109 euros a 1.089, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, a baixada foi dos 726 euros da semana pasada a 698 €. As vacas de desvelle tamén caeron ata os 427 euros de media, dous menos que a pasada semana.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_15_09_2015

Estabilidade en ovos e coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,57 € para os XL; 1,35 € a ducia para a categoría E; 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, o prezo segue nos 1,50 €/kilo.

Baixada no porco cebado e suba do leitón

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,01% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,013% na Canle II, mentres que a categoría de Desvelle subiu un 0,01%. Pola contra, en Europa, en Dinamarca e en Alemaña subiron os prezos do porco cebado un 0,03%, encadenando varias semanas de subas.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos un 1%, que quedaron nos 23 euros os procedentes de varias explotacións e nos 28 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_PORCINO_15_09_2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información