Suba do vacún maior e do porcino e baixada dos becerros de recría en Silleda

Os prezos dos becerros de recría caen en Silleda, mentres sobre lixeiramente o vacún maior. Segue subindo o porcino e os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 6 de marzo

Suba do vacún maior e do porcino e baixada dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola baixada dos becerros de recría e pola leve suba do vacún maior. Polo demais, segue subindo o porco cebado e os leitóns, ao igual que os ovos.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa experimentaron unha caída en todas as categorías. En concreto, na de menos de 20 días, a cotización baixou ata os 113 euros por xato, 15 menos que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos caeron claramente ata unha media de 137 euros por xato, 13 menos que a pasada semana. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio baixou ata os 165 euros, fronte aos 169 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi á baixa, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 318 euros, fronte aos 277 da pasada poxa. Sen embargo, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos baixou ata unha media de 356 euros, seis euros menos de media por xato que o pasado martes. Nas femias, pola contra, o prezo medio subiu ata os 232 euros, 19 máis que o pasado martes. Nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos experimentaron tamén unha suba ata unha media de 457 euros por animal, fronte aos 416 euros de media da última poxa. Nas femias tamén se notou unha importante suba: o prezo medio foi de 338 euros, fronte aos 288 do pasado martes.

Suba no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha lixeira suba de prezos. Deste xeito, quedaron en 1.085 euros de media en categoría primeira, 730 en segunda -a máis numerosa- e 483 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.048, 725 e 468 euros, respectivamente.

SILLEDA_marzo_18_1_VACUNjpg

Suba no porcino e dos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir as cotizacións da pasada semana: 0,04 euros a ducia para as categoría XL e L, que quedaron en 1,72 e 1,63 euros a ducia, respectivamente, e 0,03 euros a ducia na M e na S, que se cotizaron a 1,50 e 1,17 euros a ducia, respectivamente.

As galiñas de desvelle seguen sen cambios nun intervalo de entre 0,08 e 0,15 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello non sufriu cambios e fixouse o prezo en 1,55 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou subir as cotizacións por cuarta semana consecutiva. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal sube 0,03 euros e queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sobe 0,039 euros e sitúase en 1,539 euros por quilo e no desvelle as cotizacións soben 0,01 euros, quedando nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado subiu esta semana 0,05 euros ata os 1,550 euros o quilo, unha tendencia á alza que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse subir 3 euros as cotizacións, ata os 55 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 60 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_marzo_18_1_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información