Suba do prezo dos becerros de recría en Silleda

A sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizouse pola suba dos becerros de recría. O porco cebado tamén sube e sen cambios nos ovos

Suba do prezo dos becerros de recría en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola lixeira suba nos prezos dos becerros de recría, que rexistraron unha importante afluencia debido a que a semana pasada non se celebrou mercado. Nas mesas de cotizacións, o porco cebado tamén cotiza á alza, ao igual que os ovos. Debido á celebración da Semana Verde, non tivo lugar o mercado de vacún maior e de becerros carniceiros, que volverá á actividade normal o vindeiro martes.

En gando vacún, os becerros de raza Frisoa subiron en case todas as categorías. Así, na menos de 20 días a cotización media foi de 132 euros por xato, igual que a cotización do martes 29 de maio, o último que se celebrou mercado de gando en Silleda. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron ata unha media de 164 euros por xato, tres máis que na anterior subasta. E nos tenreiros de máis de 51 días acadouse un prezo medio de 191 euros, dous máis.

A tendencia á alza foi similar nos becerros de Cruzamento industrial, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos baixaron ata os 279 euros, fronte aos 3107 da última poxa. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos mantívose sen cambios nunha media de 339 euros por animal. Pola contra, nas femias houbo unha clara suba: unha cotización media de 256 euros por animal, 29 máis que o último martes. E nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos tamén foron á alza: 473 euros, fronte aos 466 do anterior mercado. Nas femias a suba tamén foi evidente: 373 euros de media por animal, fronte aos 329 de hai dúas semanas.

SILLEDA_VACUN_1_JUNHO_18

Suba no porcino e sen cambios nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, os ovos mantéñense sen cambios en todas as categorías. Así, a XL queda nos 1,49 euros a ducia; a L en 1,16 euros, a M en 1,04 euros e a S cotizouse a 0,89 euros a ducia. As galiñas de desvelle quedan nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou subir os prezos nas categorías Selecta e Normal en 0,02 euros, quedando en 1,250 e 1,225 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sube 0,026 euros e sitúase en 1,591 euros por quilo. Onde non houbo cambios foi na categoría de desvelle, que se mantén nun intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións subiron esta semana 0,03 euros, ata unha media de 1,470 euros/kg. No resto de países europeos a tendencia foi tamén á suba de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 42 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 47 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_1_JUNHO_18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información