Suba do porco cebado e baixada dos ovos en Silleda

Suba do porco cebado e baixada dos ovos en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola suba do porco cebado e pola baixada dos ovos. Non houbo feira de gando vacún debido aos preparativos para a celebración este fin de semana da Feira Abanca Semana Verde.

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos a categoría XL sobe 0,02 euros ata os 1,49 euros a ducia, mentres que a L segue igual nos 1,16 euros. As categorías M e S baixan 0,02 euros a ducia ata quedar nos 1,04 e 0,89 euros a ducia, respectivamente. As galiñas de desvelle quedan nun intervalo de entre 0,09 e 0,15 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense sen cambios, nun prezo de 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou subir os prezos nas categorías Selecta e Normal en 0,01 euros, quedando en 1,230 e 1,205 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sube 0,013 euros e sitúase en 1,565 euros por quilo. Onde non houbo cambios foi na categoría de desvelle, que se mantén nun intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións mantivéronse sen cambios esta semana, quedando nunha media de 1,440 euros/kg. No resto de países da Unión Europea os prezos do porcino mantivéronse estables ou con lixeiras subas.

En canto aos leitóns, e tras varias semanas de baixadas, acordouse manter sen cambios os prezos nos 42 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 47 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_1_XUNHO_18

Sen feira de gando vacún ata o 12 de xuño

Debido á celebración da feira Abanca Semana Verde este martes non houbo subastas de gando vacún e suspéndese o mercado do martes 12 de xuño para o vacún maior e os becerros carniceiros. Ese día só se celebrará a subasta de becerros de recría, con recepción de animais a partir das 21 horas da tarde do luns 11.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información