Suba na recría de cruces en Amio

A Mesa de Prezos de gando de abasto acordou esta semana en Amio a suba de 5 euros dos machos descostrados e lactantes de cruces industriais de cor. Mantéñense os prezos da sesión anterior para o resto de gando, tanto de recría como de matadoiro. En Ternera Gallega tampouco houbo variacions na súa Mesa de Prezos, que serve de referencia para o sector.

A asistencia de gando ó mercadodesta semana foi de 1.837 reses, 69 máis que a pasada semana. Houbo 1.488 cabezas de vacún menor (59 máis), 194 de vacún mediano (18 máis) e 148 de vacún grande (1 máis).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (30-X-2019).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información