Suba do gando vacún en Silleda e sen cambios no resto

Os becerros de recría, tanto de Frisón como de cruce, experimentan unha leve suba de prezos, ao igual que o vacún maior. Sen cambios no porco cebado, nos leitóns e nos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 28 de novembro

Suba do gando vacún en Silleda e sen cambios no resto

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba dos becerros de recría e do vacún maior, aínda que houbo excepcións nalgunhas categorías. Ovos, bacoriños e porco cebado permanece sen cambios.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa experimentaron unha suba este martes. En concreto, na categoría de menos de 20 días a cotización media subiu ata os 103 euros por xato, dous máis que na poxa do pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron máis claramente ata unha media de 141 euros por xato, once máis que a pasada semana. Sen embargo, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio caeu ata os 144 euros de media, fronte aos 155 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén á alza, pero houbo excepcións. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 310 euros, fronte aos 293 da pasada poxa. Nas femias mantivéronse estables nunha media de 233 euros. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu ata os 343 euros de media, fronte aos 378 do pasado martes, unha baixada que compensaron as femias, que subiron ata os 247 euros de media, fronte aos 223 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días, os prezos subiron nos machos ata unha media de 460 euros, fronte aos 414 euros de media da última poxa. As femias experimentaron unha clara recuperación ata os 401 euros de media, fronte aos 255 da pasada semana.

SILLEDA_vacun_NOVEMBRO_17_5

Sen cambios en ovos e en porcino

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana.. Así a ducia da XL e a L quedou en 1,87 e 1,80 euros, respectivamente. Na M a cotización foi de 1,70 euros e na categoría S a ducia quedou nos 1,39 euros.

Na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou tamén manter as cotizacións sen cambios. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,110 e 1,085 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantense nos 1,409 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado permaneceu estable nos 1,450 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén á estabilidade ou a lixeiras subas.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 38 euros para os procedentes de varias explotacións e os 43 euros para os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información