Suba do gando vacún en Silleda e estabilidade no porcino e nos ovos

Os prezos dos becerros de recría experimentan unha lixeira suba en Silleda, ao igual que o vacún maior. Sen cambios no porcino e nos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 27 de marzo

Suba do gando vacún en Silleda e estabilidade no porcino e nos ovos

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola leve suba nos prezos dos becerros de recría e do vacún maior. Polo demais, mantense sen cambios o porco cebado, ao igual que os ovos e os leitóns.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa subiron en case todas as categorías. Na menos de 20 días a cotización quedou nos 131 euros por xato, 19 máis que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron ata unha media de 145 euros por xato, seis máis que o pasado martes. A excepción foi nos tenreiros de máis de 51 días, onde o prezo medio baixou ata os 265 euros, fronte aos 200 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi tamén a unha pequena alza, pero con excepcións nas femias. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos baixaron ata os 329 euros, 6 menos que a pasada poxa. Pero na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata unha media de 349 euros, fronte aos 345 euros do pasado martes. Nas femias, pola contra, o prezo medio baixou ata os 215 euros, 11 menos que o pasado martes. Pola contra, nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos subiron ata unha media de 489 euros por animal, fronte aos 475 euros de media da última poxa. Nas femias, sen embargo, baixaron os prezos ata unha media de 331 euros, fronte aos 402 do pasado martes.

Suba no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha suba de prezos na categoría segunda e na de desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.083 euros de media en categoría primeira, 727 en segunda -a máis numerosa- e 474 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.083, 709 e 469 euros, respectivamente.

SILLEDA_marzo_18_4_VACUNjpg

Sen cambios no porcino e nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións da pasada semana. Así a XL quedou nos 1,74 euros a ducia; a L pagouse a 1,67 euros e a M e a S cotizaron a 1,55 e 1,22 euros a ducia, respectivamente.

As galiñas de desvelle mantéñense nun intervalo de entre 0,10 e 0,17 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello tamén segue sen cambios nos 1,40 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou manter as da pasada semana. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal queda en 1,210 e 1,185 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sitúase en 1,539 euros por quilo. Para o desvelle acordouse baixar as cotizacións 0,02 euros, quedando nun intervalo de prezos de entre 0,68 e 0,74 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado mantívose sen cambios nos 1,450 euros o quilo. No resto da Unión Europea a tendencia foi á baixada de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións da pasada semana, quedando nos 58 euros os procedentes de varias explotacións e nos 63 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_marzo_18_4_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información