Suba do gando vacún en Silleda, agás os becerros de recría de Frisón

O vacún maior experimenta unha lixeira suba. O porco cebado segue á baixa mentres soben os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 17 de outubro

Suba do gando vacún en Silleda, agás os becerros de recría de Frisón

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba dos becerros de recría de cruce e a baixada dos de raza Frisona. O porco cebado segue á baixa, seguen subindo os ovos, mentres que en Madrid o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Así, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes tenderon á baixa. É certo que na categoría de menos de 20 días a cotización media subiu lixeiramente ata os 102 euros, fronte aos 100 da poxa do pasado martes. Pero na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, a media baixou ata os 112 euros por xato, nove menos menos que a anterior sesión. Na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio mantívose nunha media de 135 euros.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi á suba por segunda semana consecutiva. A excepción foi a categoría de menos de 20 días, na que as cotizacións medias baixaron nos machos ata os 288 euros, fronte aos 291 da pasada poxa. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu claramente os 353 euros de media, fronte aos 327 do pasado martes. Nas femias os prezos tamén subiron ata os 191 euros de media, fronte aos 185 do pasado martes. Sen embargo nos xatos de máis de 51 días o prezo medio dos machos baixou ata os 381 euros, fronte aos 456 euros de media da última poxa. As femias, pola contra, subiron ata os 316 euros de media fronte aos 296 da pasada semana.

No vacún maior subiu o prezo en todas as categorías. Deste xeito, quedaron en 1.074 euros de media en categoría primeira, 711 en segunda -a máis numerosa- e 474 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.071, 705 e 435 euros, respectivamente.

As cotizacións en gando vacún quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_VACUN_OUTUBRO_17_3

Suba dos ovos e sen cambios no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse aplicar unha semana máis unha suba en todas as categorías. A XL subiu 0,040 euros ata os 1,63 euros a ducia; a L revalorizouse 0,06 euros ata os 1,56 euros a ducia; para a M a suba acordada foi de 0,07 euros ata os 1,45 euros, e a S subiu 0,09 euros, situándose nos 1,16 euros a ducia.

E na Lonxa de Madrid  o coello mantense nos 2,05 euros o quilo.

Baixada no porco cebado e sen cambios nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis aplicar unha baixada, esta vez de 0,05 euros o quilo ás categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,1180 e 1,155 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén baixou 0,065 euros, ata quedar nos 1,500 euros por quilo. E no desvelle, as cotizacións quedan sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,75 e 0,81 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa o porco cebado mantívose esta semana nos 1,500 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi á baixa.

En canto aos leitóns, acordouse manter as da semana pasada nos 37 euros para os procedentes de varias explotacións e os 42 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_porcino_OUTUBRO_17_3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información