Suba en Amio na recría de rubia galega e cruces

A Mesa de Prezos de Gando de Abasto, que se reúne cada semana en Amio, acordou unha suba de 5 euros nos machos descostrados e lactantes de rubia galega e de cruces nas calidades extra, boa e regular. En canto ó resto da recría e ós prezos de vacún maior e becerros para sacrificar, non houbo cambios. As cotizacións decididas pola Mesa de Prezos de Ternera Gallega continúan tamén cos mesmos valores que a pasada semana.

A asistencia de gando ó mercado de Amio desta semana foi de 2.117 reses, 169 menos que na anterior sesión. Houbo 1.561 cabezas de vacún menor, 284 de vacún mediano e 255 de vacún maior.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (22-XI-2017).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información