Suba dos prezos dos becerros pintos e do vacún maior en Silleda

A sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizouse pola suba dos prezos dos becerros de recría de raza Frisoa e do vacún maior. Sen cambios nos ovos e nos leitóns e baixa o porco cebado.

Suba dos prezos dos becerros pintos e do vacún maior en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola suba dos prezos dos becerros de recría de raza Frisoa e do vacún maior e a baixada dos de cruzamento industrial. Sen cambios nos ovos e e nos leitóns, mentres que baixa o porco cebado.

En concreto, en gando vacún os becerros de raza Frisoa subiron en todas as categorías. Así, na de menos de 20 días a cotización media situouse en 111 euros por xato, 24 máis que na poxa da pasada semana. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, subiron os prezos até os 131 euros por animal, 2 máis que o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días a cotización tamén ascendeu até un prezo medio de 161 euros, fronte aos 131 da última poxa.

Polo contrario, nos tenreiros de Cruzamento industrial a tendencia xeral foi a unha baixada de prezos, excepto na categoría de máis de 51 días. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos caeron até os 261 euros, 21 menos que o pasado martes. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén baixou até unha media de 323 euros por animal, 14 menos que a pasada semana, unha baixada que tamén se rexistrou nas femias: 177 euros de media fronte aos 207 euros da pasada semana. A excepción foi nos xatos de máis de 51 días, onde os prezos nos machos subiron até os 430 euros, fronte aos 341 do anterior mercado. Nas femias os prezos tamén remontaron: 299 euros fronte aos 250 do pasado martes.

En canto aos becerros carniceiros de cruzamento industrial, a raza máis representativa do mercado de Silleda, esta semana baixaron as cotizacións. Alcanzouse unha media de 824 euros nos machos e 672 euros nas femias, fronte aos 890 e 752 euros, respectivamente, da pasada semana.

Polo que respecta ao vacún maior, subiron os prezos en todas as categorías, sobre todo en segunda. Deste xeito, quedaron en 1.097 euros de media en categoría primeira, 731 en segunda -a máis numerosa- e 455 na de desvelle. O pasado martes as cotizacións foron de 1.079, 710 e 454 euros, respectivamente.

SILLEDA_VACUN_18_09_2

Baixada no porco cebado e sen cambios nos leitóns e nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, os ovos mantivéronse sen cambios: a categoría XL queda en 1,63 a ducia, a L en 1,20 euros; e as M e S mantéñense en 0,95 e 0,81 euros a ducia, respectivamente.

Na Lonxa de Madrid o coello sobe 0,05 euros até os 1,95 euros o quilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou baixar de novo os prezos: un 0,02 nas categorías Selecta e a Normal, de forma que o quilo queda en 1,200 e 1,175 euros , respectivamente; a Canle II baixo 0,026 euros e queda en 1,526 euros por quilo. E na categoría de desvellee a baixada é de 0,02 euros, quedando o intervalo entre 0,57 e 0,63 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións baixaron 0,04 euros esta semana, quedando nunha media de 1,440 euros/kg. No resto de países europeos a tendencia foi tamén á baixada de prezos.

En canto aos leitóns, acordouse tras varias semanas de descensos, manter as cotizacións sen cambios, quedando nos 32 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 37 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_18_09_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información